Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Primeira tira da BD de Aló Irmao

Aló Irmao sae en BD mentres ultima a edición do seu primeiro disco e vídeo-documental

Cultura 15/01/2010
  Envía a túa opinión

A unión galego-guineana entre Fran Pérez “Narf” e Manecas Costa está máis que consolidada. Boa mostra desta boa harmonía entre ambos músicos é a próxima edición do primeiro álbum do seu proxecto conxunto, Aló Irmao, prevista para esta primavera. Un disco que xa remataron de pulir tras ser gravado ao vivo a mediados de xullo no Teatro Principal de Compostela e que irá acompañado dun vídeo-documental cun making off de dito concerto, segundo afirmou en Radiofusión o propio Narf. Ademais, na web da banda (www.aloirmao.com) xa podemos gozar coa primeira tira dunha banda deseñada que nos descobre Aló Irmao desde os seus comezos.

 

 


Dominique A actúa o sábado no Teatro Colón da Coruña

Dominique A inaugura o sábado o Vangardas Sonoras que pecharán os experimentais Castanets

Cultura 14/01/2010
  Envía a túa opinión

A IV edición do Vangardas Sonoras, organizado pola Fundación Caixa Galicia, amplía os seus escenarios neste 2010 e levará a unha boa representación do mellor do panorama estatal e internacional da música independente a Coruña, Vigo, Ferrol, Ourense, Pontevedra e Santiago. O encargado de inaugurar o ciclo é o francés Dominique A, que actúa este sábado no Teatro Colón da Coruña, concerto para o que xa se venderon o 90% das entradas. Os directos continuarán o 23 de xaneiro con Giant Sand no Teatro Salesianos de Vigo e o 20 de febreiro será a quenda de The Duke & The King na Sede Fundación Caixa Galicia de Ferrol. O 6 de marzo These New Puritans actuarán na Sede Fundación Caixa Galicia da Coruña. E o Teatro Principal de Ourense será o escenario da posta en escena de Annie B. Sweet o 13 de marzo. Alondra Bentley actuará o 17 de abril no Café Moderno de Pontevedra e o Vangardas Sonoras bota o peche o 27 de maio coa proposta máis arriscada, experimental e desafiante, a de Castanets, na Aula Fundación Caixa Galicia de Santiago.


The Dubliners actuaron en Madrid e Barcelona en febreiro do 2009

The Dubliners, máis perto do final que do principio

Cultura 14/01/2010
  Envía a túa opinión

Comenzaron en 1962 nun pub en Dublin. Desde aquela, publicaron 180 albumes e saben

que se atopan máis perto do final que do principio, ainda que sinten que na música

sempre hai algo que aprender, nunca se remata a exploración. Eles afirman que

bailarán ata que se caigan.


Zodiacs ia actuar conxuntamente con O Neno Elliot

Suspendida a xira dos Zodiacs

Cultura 13/01/2010
  Envía a túa opinión

Un accidente ven de obrigar a suspender a xira dos Zodiacs que contaba con concertos previstos en Pontevedra, Vigo e A Coruña, este xoves, venres e sábado. O cantante e guitarrista do grupo Ignacio Garbayo lesionouse nunha man e o grupo decidiu suspender a xira galega. O concerto na sala Leclub da Coruña xa se fixou para o venres 12 de febreiro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros