Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 26 de Maio de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Amainou o tsunami

“Sálvame Deluxe” (Telecinco, 21.45 h.)

Sociedade 22/01/2010
  Envía a túa opinión

A televisión é fascinante. Malia que os máis novos xa non concibirán a necesidade dunha programación continuada, educados como están na fragmentación a libre disposición do Youtube e o servizo á carta que supón internet, só a través deste modelo de canles en competencia pódense dar fenómenos como os de hoxe. Canto de casualidade haberá en que José María Aznar oculte por un día os abdominais baixo a gravata, as pulseiras brasileiras co Rolex, e solte a melena de novo na televisión, como facía esta mañá en TVE xusto no día despois de que Iñaki Gabilondo se despedise do seu informativo en Cuatro? Efecto bolboreta ou vasos comunicantes? É o sistema televisivo un que procura o seu propio equilibrio natural. Nel hai fenómenos como os de Telecinco, exemplo de autosuficiencia que crea novas para xerar arredor delas os seus propios contidos. Diso vive o espazo estrela, Sálvame Deluxe, que se emite esta noite.


O celeste volve ao primeiro plano televisivo

“Atlético de Madrid – Celta” (La Sexta, 22 h.)

Deportes 21/01/2010
  Envía a túa opinión

A competición funciona por oposición: o triunfo duns procede da desgraza doutros. No deporte, como na guerra, sácase moito a paseo a teoría de que a gloria é máis gloria se no camiño se esnaquiza ao teu antagonista. Cando hai rivalidade é preciso que haxa tamén algo de presunción e vontade de desprezo cara o contrario, e a min o xogo previo de bravatas e tocamento de narices nunca me proporcionou demasiado pracer. Como tampouco creo nun ben común patriótico nin quero a todo o mundo por igual, e os éxitos que eu non poida gozar pouco pracer me provocan se caen en mans de outros, pois será hora de ir dicindo que eu vivo máis tranquilo co Celta en Segunda División.


Do banco do parque á telerrealidade moralizante

“Generación Ni-Ni” (La Sexta, 22.15 h.)

Sociedade 20/01/2010
  Envía a túa opinión

Chamáronlle o Súper durante os moitos anos que dirixiu a casa de “Gran Hermano”, pero agora é outra voz a que atende ás cuitas de Pilarita en Guadalix, mentres Rubén Ontiveros desenvolve a súa maior afección: pechar xente. Nalgunha vida anterior debeu de ser alcaide de Alcatraz, pero esta afección polo cárcere televisado ten algo pouco san. Así como os científicos precisan de microscopio para ver con claridade as mitocondrias, alguén decidiu que a xeración televidente non é capaz de enfocar a vida real se non lla pechan nunha gaiola e lla aumentan con cámaras de alta definición. Cobaias nunca faltan e as últimas en pasar polo experimento da exhibición pública son as mozas e mozos conflitivos ou parasitarios da súa familia que servirán para ofrecernos unha lección de vida en “Generación Ni-Ni” o novo espectáculo de telerrealidade que debuta en La Sexta ás dez e cuarto da noite.


Como dicía Xabarín: “Cada día somos máis”

“Buenafuente: Facebook” (La Sexta, 00 h.)

Sociedade 19/01/2010
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Se Roberto Carlos, o baladista das americanas azuis remangadas tivese algo de visión comercial, a estas alturas tería promovido o seu éxito “Yo quiero tener un millón de amigos” como canción oficial do Facebook. Non hai tanto tempo que se presumía dicindo: “Os meus amigos pódense contar cos dedos dunha man, pero están aí cando preciso deles”. Agora, grazas ás redes sociais de internet, a amizade é un concepto algo máis lixeiro e que require menos dedicación: funciona máis por acumulación que por méritos. Iso si, podemos contar cos nosos centos de amigos virtuais para calquera asunto serie, como apoiarnos na nosa cruzada para que a Benemérita cambie o tricornio por cascos das tropas imperiais de Darth Vader ou para facerse admiradores das señoras que se colan á hora de mercar o pan ou da tortilla de pataca, que tanto ten, pois o caso é admirar. O español que, sen ser famoso, máis amigos ten en Facebook, chámase Juan Jiménez e esta noite visita “Buenafuente”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros