Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Selección coruñesa infantil feminina

A Federación Galega de Baloncesto aposta por potenciar o baloncesto en idade escolar

Deportes 14/05/2009
  Envía a túa opinión

Os profesionais do mundo do baloncesto cren que esta disciplina é un bo escenario para a aprendizaxe social dos nenos e nenas. Por iso, hai unhas semanas a Federación Galega amosou o seu interese pola base desta disciplina deportiva no "I Congreso Galego de Baloncesto en Idade Escolar". Os técnicos profesionais son valorados pola sociedade. Non obstante, non ocorre o mesmo cos adestradores das bases, a quen é imprescindible darlles ferramentas e dereitos para que formen unha boa canteira.


Olivo Caixanova cadete

O Olivo Caixanova gaña a Copa Autonómica Cadete de fútbol

Deportes 13/05/2009
  Envía a túa opinión

O Olivo Caixanova vén de rematar unha gran tempada cunha vitoria na Copa Autonómica Cadete que se suma á súa vitoria na liga, un éxito ao que as súas xogadoras chegaron invictas. O equipo vigués continúa amosando deste xeito que no fútbol feminino galego non existe quen lle faga fronte.


Begoña Garrido

Begoña Garrido participará nos Xogos do Mediterráneo grazas á marca realizada no universitario

Deportes 12/05/2009
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

Os atletas galegos fixéronse con dez medallas no Campionato de España Universitario disputado esta fin de semana en Fuenlabrada. A mellor actuación protagonizouna a ferrolá Begoña Garrido, campioa nos 400 metros e récord galego absoluto e récord tamén da historia da competición estatal grazas a unha marca de 54 segundos e 14 décimas. A atleta galega atópase máis que satisfeita cun resultado que lle permitirá participar en xuño nos Xogos do Mediterráneo que terán lugar en Italia. Despois dun par de anos lesionada, bater récords é sempre unha satisfacción, como ela mesma nos comenta.

 


Óscar Vicente

Os duatletas do Cidade de Lugo Fluvial reinan no campionato galego

Deportes 11/05/2009
  Envía a túa opinión

Óscar Vicente e Estefanía Domínguez, do Cidade de Lugo Fluvial, proclamáronse esta fin de semana en Ourense campións galegos individuais de duatlón. Tendo en conta estes resultados, o club lucense tamén foi campión por equipos. Óscar Vicente, campión de Europa e de España júnior, gañou a final galega cun tempo de 56.16 minutos, con 1,21 min de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo e segundo clasificado, Jesús Gomar. Terceiro foi Luís Calvo do Bricosa Arcade. Pola súa banda, Estefanía Domínguez fixo un tempo de 1:05.16, seguida de Camila Alonso e de Sara Velo do Triatlón Ferrol.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros