Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

Precisáronse 8.000 litros de leite para elaborar este queixo

15.000 persoas degustarán este domingo en Arzúa o queixo máis grande do mundo

Sociedade 07/05/2009
  Envía a túa opinión

Elaborar o queixo curado máis grande do mundo foi o ambicioso proxecto que se marcaron desde a Asociación Cultural Nosa Señora do Carme de Arzúa. O resultado foi un produto dunha tonelada de peso, 1,8 metros de diámetro e 45 centímetros de altura. Con tales dimensións este queixo dará de comer a 15.000 persoas, tal e como se pensa demostrar este domingo. O programa Onda Rural deu a coñecer esta cita a través das palabras dun dos impulsores da iniciativa, Jose Manuel Vázquez.


Planta de Leche Pascual en Outeiro de Rei

Leche Pascual presenta un ERE que afecta á totalidade dos traballadores da súa fábrica de Outeiro de Rei

Sociedade 06/05/2009
  Envía a túa opinión

Leche Pascual presentou un Expediente de Regulación de Emprego que afecta á totalidade dos traballadores da súa fábrica de Outeiro de Rei (Lugo), unha medida que deixará a 155 operarios na rúa. O programa Onda Rural recolleu, de primeira man, os argumentos da empresa e a valoración dos sindicatos.


As autoridades lembran que consumir carne de porco resulta seguro

Rusia pecha as súas fronteiras á carne porcina española

Sociedade 05/05/2009
  Envía a túa opinión

Cando xa pasou máis dunha semana desde a aparición da nova gripe producida polo virus A/H1N1, a administración e expertos continúan a reiterar a mensaxe de que consumir carne de porcino resulta seguro. Unha mensaxe que volve ser necesaria ante a decisión da Federación Rusa de prohibir a entrada de cochos vivos ou produtos derivados deles procedentes de España. O programa Onda Rural abordou este asunto a través das palabras de varios dos seus protagonistas.


Exemplar equino de pura raza galega

A resistencia do cabalo de pura raza galega

Sociedade 04/05/2009
 8 comentario/s - Envía a túa opinión

Sobriedade e resistencia son as características principais do cabalo de pura raza galega. Este animal, a única raza equina autóctona da nosa comunidade, centrou o programa Onda Rural. O coordinador xeral da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, Jacobo Pérez, explicou para Radiofusión as calidades e potencialidades desta especie.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros