Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Mulleres emprendedoras

Información do programa Novas do programa

O 37% das mulleres non identifica as situacións de violencia

Mentras haxa desigualdade haberá violencia de xénero

Sociedade 17/12/2009
  Envía a túa opinión

Facer posible que a nosa sociedade sexa cada vez máis xusta. Educar a nenos, adolescentes, docentes e mesmo aos profesionais da comunicación con medios encamiñados a evitar que se produzcan situacións de violencia de xénero. Ésa é a laboura que está a desenvolver a doutora en menciña, Lola Ferreiro Díaz, que hoxe impartiu o primeiro dos obradoiros prácticos incluido no programa das Xornadas de Violencia de Xénero. Baixo o título de “Intervención en situacións de crise” abordou os distintos procesos de axuda dirixidos a auxiliar ás mulleres cando soportan unha situación traumática.


Presentación da campaña da Xunta contra o maltrato

Marta González, secretaria de Igualdade: “A lei da violencia de xénero desenvolverase ao seu debido tempo”

Institucional 25/11/2009
  Envía a túa opinión

“Temos unha responsabilidade de cara ás xeracións futuras”, sostén Marta González, a responsable das políticas de Igualdade da nova Administración autonómica, quen chama a atención sobre o aumento de casos nos que as agredidas son “mulleres moi novas, atacadas diante dos seus fillos”. É por este motivo que a Xunta quere apostar pola educación como a mellor ferramenta para previr o maltrato, unha decisión que se estenderá á formación en igualdade do colectivo inmigrante: dúas das catro asasinadas por causa de xénero en Galicia este ano eran estranxeiras, ao igual que un dos agresores.


Mobilización polo uso social do inmoble no pasado xuño (Galicia Sur)

A decisión sobre Gota de Leite deixa as mulleres sen teito nunha situación precaria

Sociedade 17/11/2009
  Envía a túa opinión

O fogar de San Paio de Vigo, máis coñecido como o edificio da Gota de Leite, será un centro empresarial de formación e daralle tamén abeiro a unha escola infantil. Xa que logo, en nada quedaron as demandas da Rede Social Galicia Sur que esixía, tal e como acordara o bipartito, o establecemento dun albergue de acollida no céntrico inmoble. A representante de Médicos do Mundo, Nieves Turienzo, laiouse en Radiofusiòn do incumprimento das promesas cun colectivo, o dos sen teito, especialmente castigado na cidade olívica. Vinte persoas morreron nas rúas de Vigo no que vai de ano, antes de que chegue o máis duro do inverno. 


Montse Peirón

Os idealistas pensan que o mundo pode seguir así, segundo Montse Peirón

Sociedade 27/04/2009
  Envía a túa opinión

Producir e consumir cada vez máis. Esa é a máxima do modelo económico actual e pensar que se pode continuar así, é absolutamente idealista, segundo Montse Peirón. Ela defende un consumo consciente e transformador, que respete a soberanía alimentar, as prácticas ecolóxicas e intente gastar menos recursos  novos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros