Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Partenón en Atenas

O berce da democracia

Sociedade 17/06/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O rexeitamento ao Memorandum imposto pola "troika" e o desexo de continuar co euro semellan ser sentimentos maioritarios en Grecia. O país que foi berce da democracia, acude hoxe ás urnas, debatindose entre os conservadores de Nova Democracia (Antonis Samaras) e a esquerda de Syriza (Alexis Tsipras). A crise grega agravouse no 2009 ao destaparse unha década de mentiras estatísticas e déficits ocultos, atribuidos ao goberno da dereita e do socialdemócrata PASOK.


Os coches de segunda man

Sociedade 19/11/2011
  Envía a túa opinión

O mercado de coches de segunda man está en auxe en Internet. Nestes tempos de crise económica, cada vez son máis os cidadáns que optan por un vehículo usado á hora de adquirir o seu automóbil. Na rede pódense atopar verdadeiras gangas entre particulares e concesionarios. Entre os coñecedores do mercado, tamén se leva desprazarse a Alemania para adquirir alí coches en moi bó estado e a un prezo sen competencia.


Os xaponeses teñen medo

Os efectos do accidente nuclear de Fukushima

Sociedade 01/11/2011
  Envía a túa opinión

Xapón sofreu máis de 660 tremores de terra de máis de 5 grados desde o 11 de marzo, a data na que se produciu o accidente da central nuclear de Fukushima. A máis de 60 quilómetros desa instalación, os niveis de radiactividade triplican os límites permitidos.


O atentado contra Nova York cumpre dez anos

EEUU e Al Qaeda perderon o sitio no mundo post-11S, segundo a análise do IGADI

Sociedade 10/09/2011
  Envía a túa opinión

A memoria é selectiva. Recordamos o primeiro bico, o día que o noso equipo gañou a Copa e, cousas da globalización e da sociedade da comunicación, tamén onde estabamos cando soubemos do atentado contra o World Trade Center. Daquela, a mestura entre incredulidade e temor, impedía albiscar de que maneira o maior ataque terrorista coñecido ía transformar o mundo. As análises inmediatas resultan sempre algo miopes, pero agora, unha década despois, gozamos xa dos lentes do tempo que nos permiten interpretar mellor a influencia no contexto sociopolítico mundial dunha xornada infame. O domingo cúmprense dez anos desde que os avións secuestrados por Al Qaeda perpetraron unha masacre nas Torres Xemelgas de Nova York. O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, deita unha ollada sobre o mundo post 11S no último número dos seus Papeis.Nela advírtese que ambos os dous actores protagonistas do suceso, Estados Unidos e Al Qaeda, fracasaron nos intentos posteriores de capitalizar politicamente a traxedia para afianzar a súa visión do mundo no escenario xeopolítico.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros