Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Grandes éxitos de Sergio Dalma

“Conexión Samanta: Madre a los 16” (Cuatro, 00:15 h.)

Sociedade 29/05/2012
 15 comentario/s - Envía a túa opinión

Festexemos que a entremetida reporteira Samanta Villar deixase de facer “21 días” e, xa que logo, de suplantar aos protagonistas das súas pezas, porque se cadra o sacrificio para esta nova reportaxe tería sido excesivo. Non hai que perder o sentido por un punto de audiencia. Así que podendo ficar embarazada, desta volta botouse a un lado para relatar como observadora a preñez de outras. E ben mirado, tampouco podería obter mellor rating que elas. Hai xa tempo que os creativos de programas descubriron que os suxeitos perfectos para un espazo de telerrealidade son as mozas encintas, unha moi particular categoría de ser humano que mestura dúas revolucións internas a un tempo: o fervedoiro hormonal propio do embarazo, e a rebeldía da idade do pavo.


Julia na onda (televisiva)

“Entrevista a la carta” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 28/05/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

De entre todos os xéneros xornalísticos, non o hai máis difícil que a entrevista. Acontece así porque é o que permite menos maquillaxe. Hai reportaxes que son como pirámides sostidas en equilibrio precario sobre un alfinete, xigantescas construcións de palabras apoiadas nun único dato relevante, mais é posible que o público non se decate de que o monumento é de papel maché e non de pedra. Condenados os xornalistas a encher espazos na páxina ou minutos no programa cada vez con menos medios, aumentan as novas que non son novas: conten cantas informacións falan de persoas que só din cousas fronte a cantas de persoas que realmente fan cousas e comezarán a despexar a cortina de fume. Eses artificios non serven na entrevista: o que hai é o que escoitas. E para escoitar algo bo precísase a xusta medida de variables de moi complexo cálculo: boa disposición do convidado; unha personalidade marcada, mais non moito, do entrevistador; amabilidade pero non submisión;  equilibrio entre a educación e a necesaria impertinencia, etc. De como resulte o caldo feito con eses materiais, seremos Orianna Fallaci o caeremos na pregunta universal de xornalista a futbolista: “Fran, que?”. 


“Un respetito”

“Final Copa del Rey: FC Barcelona – Athletic Bilbao” (La 1, 22 h.)

Deportes 25/05/2012
 24 comentario/s - Envía a túa opinión

Muda diante dun gol. Impertérrita logo de tres fintas e un toque co calcaño. Mais cando o árbitro asubía marcial, xunta os talóns, constrinxe o cu e, como un látego, bota a man ao peto e ergue o brazo nunha única e enérxica sacudida, sostendo cara o ceo o colorado cartón disciplinario, aí si. Aí si podemos imaxinar a Esperanza Aguirre aferrando a butaca do palco presidencial, as pernas estremecidas e un fío de pracer subíndolle polo padal. O fútbol, xa o descubrimos, gústalle así á presidenta da Comunidade de Madrid, ordenado, coa afección de pé, uniformada e cantando con devoción o himno de España, así non teña letra, porque o importante aquí é o respecto imposto, é funcionar como resortes ao igual que funcionaban os nenos nas aulas cando o cura abría a porta. De modo que, para non querer facer política co fútbol, o noso Tea Party enleou tanto a cuestión que se eu fose, por exemplo, galego, socialista e madridista, na Final da Copa do Rei de fútbol desta noite xa non sabería a quen asubiar. Se cadra o mellor sería ficar calado e agardar a que a Presidenta me dese uns azotes no pandeiro. 


Roberto Carlos: antes que Zuckerberg

“La nube: Amistad, amor y otros cibersentimientos” (La 2, 23 h.)

Sociedade 24/05/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Aínda a risco de afundir nunha sima a cotización de Facebook no Nasdaq e levar á ruína a Mark Zuckenberg; de provocar máis choros no Tuenti que Justin Bieber o día que lle cambie a voz; de desplumar aos paxaros que chían no Twitter; e de mandar directamente ao lixo os millóns de currículos do LinkedIn; vou formular unha mudanza de paradigma definitiva: as redes sociais son unha trapallada, en tanto en canto non é o mesmo ser sociable que extravertido. Se collemos un suxeito X (que no caso destes comentarios sempre son eu), puidera resultar que sexa unha persoa encantadora, afable e falangueira no trato persoal, mais ao mesmo tempo ensimesmada, eremita e con accesos de misantropía cando non se lle require interacción. Así que é posible ser sociable, mais tamén introvertido. E cando falamos das redes supostamente sociais, é a segunda variable a que interesa.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros