Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 28 de Maio de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

A erótica clerical posta a proba

“La Señora” (TVE, 22 h.)

Cultura 18/01/2010
  Envía a túa opinión

Dende aquelas desventuras de Richard Chamberlain en “El Pájaro Espino”, un volcán de emocións baixo a sotana, sempre entre a devoción pía e a carnal, non hai serie de televisión con ministro de Deus na que non agardemos un momento de tentación. A fascinación polo celibato como fonte de tensión dramática non seca nas preferencias dos guionistas e mesmo, coa súa lixeira comicidade, tamén tivo Horacio Casares un rapto de namorado que case lle fai comer a mazá da árbore que non debía pero que foi capaz de sublimar dando clases de pasodobre, xerando non pouco balbordo entre as rexoubeiras de Louredo. Menos mal que non lle deu polo reggaeton ou xa estaría excomungado. Esta noite hai outra serie con cura de hábito lixeiro que remata. O padre Ángel garda o traxe dos domingos, o de oficiar, quero dicir, no armario no derradeiro capítulo de “La Señora”.


A comedia quinqui, tan oitentera ela

“La Estanquera de Vallecas” (La 2, 22 h.)

Cultura 15/01/2010
  Envía a túa opinión

Xa case non hai estancos, e agora que os negocios de prensa poden volver despachar o tabaco, a lóxica di que continuará a extinción. Moitos dos que quedan son lugares temáticos dedicados ao lecer do fumador, que ademais de paquetes venden máquinas de liar, cortapuros, pipas e todo tipo de trebellos para sofisticar un comportamento, o do fumador, que grazas ao cine sempre foi glamuroso de seu. Pero as tendas que xa case non se ven son aqueles quioscos unipersoais, metálicos por fora pechados e que, cando pechaban as súas fiestras, tapizadas con revistas pornográficas e adhesivos de lambonadas, parecían un artefacto da NASA que ía despegar cara o espazo exterior no medio dunha nube de Winston de contrabando. Nos meus tempos de neno, había dous estancos famosos: un deles o de “La Estanquera de Vallecas”, mítica comedia dos anos 80 que recupera esta noite La 2 de Televisión Española.


Lobato/Alonso: a biografía como devoción

“La Sexta/Deportes” (La Sexta, 20 h.)

Deportes 14/01/2010
  Envía a túa opinión

Algún día, nas escolas de xornalismo, cando se estuden os xéneros, haberá un capítulo do manual que abrirá coa monda e lironda cachola de Antonio Lobato. Baixo a estampa do seu medio sorriso e da súa refulxente testa posta entre parénteses por un cascos de son xigantescos, asomará a lenda: “A biografía televisiva”. Moita mofa ten habido polo seguimento exclusivo ao que o antigo calvo de Telecinco, que agora subiu un número e é de La Sexta, vén sometendo a Fernando Alonso, de profesión piloto de Fórmula 1 e, dende que gañou a súa primeira carreira no campionato, lenda do deporte español para os séculos dos séculos. Mais só se miramos con atención poderemos apreciar como Lobato o que fai en verdade é construír unha haxiografía en presente continuo da vida, obra e carreiras do bólido asturiano, reinventando dende a adoración un xénero, o biográfico, que con tal dedicación pensabamos propio da literatura e non da televisión.


O efecto post 11-S chega ata o mundo Playmobil

“Una seguridad insegura” (Telecinco, 00.15 h.)

Sociedade 13/01/2010
  Envía a túa opinión

Entre as chamadas reportaxes de investigación están as que se fan para revelar unha verdade agochada interesadamente e tamén as que procuran a constatación de sospeitas comúns. Cando as primeiras prosperan, adoitan cambiar unha pequena parte do mundo. En moitas ocasións, o triunfo das segundas supón disparar os niveis de paranoia. Calquera que teña acudido a un espectáculo multitudinario, digamos un concerto ou un partido de fútbol, sabe que as medidas de control no acceso ao recinto funcionan como un placebo. El Mundo TV decidiu investigar isto e de paso meternos o medo no corpo coa peza “Una seguridad insegura” que emite Telecinco.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros