Publicidade Dia dos Medios en galego
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 21 de Febreiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

“Los Serrano” crúzase coa editorial Marvel

“Los Protegidos” (Antena 3, 22.15 h.)

Sociedade 12/01/2010
  Envía a túa opinión

Por máis millóns de persoas que se xunten nas avenidas de Madrid e por máis portadas de La Razón que lle dediquen, aínda non entendo a que vén tanto balbordo pola crise das familias. Siniestro Total explicaba nunha das súas cancións que “a familia é a célula da sociedade moderna”, se ben concluía “aínda que sexa canceríxena dende a idade de pedra”. Mais malia que a Rouco se lle pique o viño de misa coa indignación, eu non vexo maioritariamente unha sociedade composta por anacoretas, tríos, proles diversas e outros conxuntos de propiedades combinativas suplantando de hoxe para mañá a estampa clásica do Portal de Belén. E se os que se botan a rúa precisan unha proba de que non teñen motivo, velaí teñen o maior educador do noso tempo, a televisión, perpetuando a familia como modelo de organización social. De feito, hai tantas series e programas dedicadas a elas que case non queda por inventar. Antena 3 tenta algo diferente e presenta unha serie protagonizada por unha familia superpoderosa.


Pan e chocolate e infancia

“Volver con... Lolita” (TVE, 23.30 h.)

Sociedade 11/01/2010
  Envía a túa opinión

Vendo esta fin de semana unha reposición de “Cidadán Kane” un pregúntase que musitaría no estertor último para sintetizar a súa infancia, os tempos da inocencia ou os da única patria verdadeira, que dicía o poeta. Alí onde o personaxe de Welles murmuraba “Rosebud” non sei se eu diría “carraca do tío Constatino”, ou se cadra “Super Mario Bros”. Máis ou menos sobre esta idea da celebración da nostalxia é onde constrúe os seus alicerces a nova aposta de Televisión Española para a noite dos luns. Titúlase “Volver con” e ofrécelle a un famoso a posibilidade dunha viaxe, non só figurada, senón tamén física aos lugares dos seus primeiros anos.


El Almendro vs. Lobatón

“La Búsqueda” (Cuatro, 23 h.)

Sociedade 08/01/2010
  Envía a túa opinión

Se o anuncio do turrón El Almendro repite a fórmula e emociona como o primeiro día, e se queremos competir cos programas de corazón e revelación descarnadas das outras cadeas, cómpre retransmitir reencontros familiares. Iso debeu ser o que pensaron en Cuatro, que estrea o programa “La Búsqueda”, no que se mestura o “vuelve a casa, vuelve”, con Callejeros ou toda esa caste de espazos que protagonizan equipos de reporteiros cámara en man. Para derrotar ao noso lacrimal, unha rede de investigadores procurarán atopar a familiares desaparecidos a cambio do pequeno prezo de vender o seu drama persoal ás cámaras de televisión. O programa véndese como unha novidade, pero a primeira vista non parece outra cousa que un revival de “¿Quién sabe dónde?”, aquel fito dos anos 90, onde agás baixo o bigote de Paco Lobatón non había escondedoiro para ninguén.


Namoradizo eterno busca relevo

“El Hormiguero / Gran Hermano” (Cuatro/Telecinco, 21.30 h.)

Sociedade 07/01/2010
  Envía a túa opinión

A masculinidade na ficción romántica xira arredor de dous arquetipos básicos: o zoupón simpático e romántico ou ben o canalla sexual e despreocupado polo compromiso, Ashley ou Rhett se atendemos ao canon de “Foise co vento”. Esta noite ambos os dous enfróntanse nun duelo por conquistar á dama con máis pretendentes cando de televisión se fala: a audiencia. Chega a “El Hormiguero”, en Cuatro, Hugh Grant, o mellor intérprete de comedias de romance que hai e que posúe unha carreira con fitos como “Catro vodas e un funeral” ou “Notting Hill” grazas ao perfecto control sobre dous ou tres acenos característicos que repite tanto como Jim Carrey os seus sorrisos nerviosos. E fronte a el, como Cabaleiro Negro nunha daquelas xustas de Walter Scott, Arturo e o seu priapismo. O concursante na historia de Gran Hermano que transformou o “edredoning” nunha maneira de estar en Guadalix en troques dunha mera anécdota para rexoubar.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros