Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Ruxe-Ruxe regálannos un adianto do seu novo disco “Na fura de diante”

Cultura 07/01/2010
  Envía a túa opinión

“Un arrebato de creatividade”, así é como definen os Ruxe-Ruxe Na fura de diante, o seu novo disco que verá a luz en marzo. Neste novo traballo, que será o sétimo álbum de estudio da banda de Aríns, atoparemos novos temas producidos por Javier Abreu que achega, segundo os composteláns, un novo estilo á banda. Ante esta próxima publicación e xa que onte foi día de Reis, Ruxe-Ruxe decidiron agasallarnos cun adianto de tres temas deste novo álbum que se poden descargar gratuitamente na súa páxina web. As cancións son “Carmela baila ska”, “Moi punk” e “Medio meigha”.

 

 

 


Alfonso Daniel Rodriguez Castelao

A voz de Castelao

Sociedade 07/01/2010
  Envía a túa opinión

"Las creaciones del espiritu no se adaptan a las fronteras de la nación y las obras de arte vuelan como los pájaros por encima de las fronteras. (...)  pero no hay obra de arte capaz de resistir el juicio del tiempo que no lleve el cuño de una nacionalidad; por extenso que sea su imperio jamás pierde el aroma de la tierra y del momento en que fue creada". Son palabras de Castelao en 1941 no discurso de presentación á segunda representación de "Os vellos non deben de namorarse" en Montevideo (Uruguay).


Nouvelle Cuisine agasállannos en Reis coa presentación de “La Guerra del Volumen”

Cultura 05/01/2010
  Envía a túa opinión

Os coruñeses Nouvelle Cuisine queren que o 2010 sexa un ano especial e, por iso, veñen de presentar a través da rede o seu terceiro traballo, La Guerra del Volumen, o primeiro disco editado en 2010, tan só oito minutos despois das badaladas. Un EP con seis temas gravados e producidos por Arturo Vaquero nos Estudios Abrigueiro de Friol, aos que se engade a versión dunha canción de Massiel gravada nunha cociña. Todos eles xa están dispoñibles para escoita e descarga gratuíta na conta de bandcamp da banda. Esta noite é a presentación oficial do EP. Será na Mardi Gras da Coruña a partir das dez e media. A entrada custará cinco euros.

 

 

 


50.000 manifestantes participaron en Compostela na marcha do 18 de outubro

Queremos galego, protagonista do ano en Galicia

Cultura 04/01/2010
  Envía a túa opinión

A plataforma Queremos Galego protagonizou o ano 2009 en Galicia, segundo a enquisa non cientifica realizada na páxina web de Radiofusión. O 38,4% dos internautas optaron pola organización en defensa da lingua galega e a histórica movilización realizada en Santiago de Compostela no pasado mes de outubro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros