Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Volve a casa polo Nadal

“Matalobos” (TVG, 22.20 h.)

Sociedade 05/01/2010
  Envía a túa opinión

Os televidentes da canle pública autonómica teñen escrita dende hai meses a súa carta de peticións aos tres Reis Meigos de San Marcos, Gayoso, Piñeiro e Pampín, e o agasallo que máis se solicitaba nela era o regreso de “Matalobos”. Houbo que agardar ata a mesma noite dos presentes por sorpresa para que a anguria de meses de espera se resolva. Poñerase fin así a un dos maiores cliffhangers da historia da ficción televisiva autonómica, un corte tan abrupto que deixou a trama pendurada dun cantil e o corazón nun puño. O secuestro do fillo dun capo, varias pistolas (á maneira das pelis de John Woo) apuntando á cabeza dos protagonistas e un fundido en negro é o alimento de suspense que nos deixou o thriller narco-costumista da TVG que volve por fin co capítulo número 23.


Adolf non sabía onde ficaba Lugo antes do Día D

“Hitler, Garbo... e Araceli” (TVG, 01:08 h.)

Sociedade 04/01/2010
  Envía a túa opinión

A iso que lle chaman efecto bolboreta dedicáronselle xa unhas cantas películas e os exemplos recollidos de tifóns provocados por coleópteros que baten as súas ás no outro extremo do mundo, postos a imaxinar haiche moitos. Paseando pola avenida dos Tileiros en Berlín, ese xigantesco corredor maxestoso para os desfiles vitoriosos do Terceiro Reich e os discursos enfebrecidos de Adolf Hitler, a un resúltalle difícil pensar que unha das pequenas fendas que se abriu na militar e antisemita conquista do mundo ideada polos nazis tivera a súa orixe nunha parroquia de Lugo, á sombra da Muralla. Sabiamos de Mata Hari, espía internacional, ou de Eva Braun, protagonista da guerra que deixou o mundo como o coñecemos, pero case nada de Araceli González Carballo. O seu bater de ás como as da bolboreta cóntase no documental que se pasa esta noite na Galega.


Resumo da manobra Heimlich para atragoamento por uvas

“Badaladas” (Todas as cadeas, 23.50 h.)

Sociedade 31/12/2009
  Envía a túa opinión

Para os que dun modo ou outro nos ocupamos, nos preocupamos ou nos despreocupamos da televisión, a última das badaladas do reloxo da Porta do Sol de Madrid ou da Berenguela compostelá que abrirá as portas á segunda década do século XXI terá unha relevancia histórica. Será o inicio dun experimento inaudito na memoria catódica estatal: emitirase o mítico último anuncio do ano e resultará ser o derradeiro de Televisión Española, pois cando 2010 abra os ollos xa non haberá máis publicidade na canle pública, desa que facía as películas eternas ou que nos permitía a socorrida pausa da neveira ou da micción no medio dun programa. Polo demais, o funeral do calendario nas pantallas será o mesmo de todos os anos, que para iso se lle chama tradición.


Federer, morre da envexa

“Match Point” (TVG, 23.45 h.)

Sociedade 30/12/2009
  Envía a túa opinión

Como no conto do vello señor Scrooge, a Televisión de Galicia programa unha noite cinematográfica con visitas de pantasmas chegado de distintos tempos. Así, enténdense que polo criterio de darlle gusto ao público infantil que, se cadra, tampouco debera estar mirando unha película a partir das dez da noite, escolla un filme de Eddie Murphy chamado “Papá Canguro”. Trátase dunha desas comedias familiares que teñen a moi estimable calidade do borrado de memoria: así como as ves, así as esqueces e xa non deixan pouso na cabeza. O ex superdetective en Hollywood, quen te viu e quen te ve, aparécese como unha pantasma do Nadal pasado. Moito máis vello é Woody Allen, pero al correspóndelle aínda o presente e á súa musa Scarlett Johansson o futuro, grazas a filmes como “Match Point”, que é o que se emite a seguir.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros