Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 19 de Agosto de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Se eu vexo a Carlos Baute tamén berraría así

“Esta casa era una ruina” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 29/12/2009
  Envía a túa opinión

A lotaría de Nadal está sobrevalorada dende que só con chamar á televisión tes a oportunidade de que che constrúan unha casa do trinque e sen ter que pagar nin un patacón. O único que debes entregar é licenza aos produtores dun show de telerrealidade para que espreman os teus sentimentos como se fai cos cítricos, contando todas as túas miserias persoais e facendo que a túa intimidade sirva de alimento para un goce espectacular por público alleo. Mais ou menos isto é o que hai tras “Esta casa era una ruina”, o programa de Antena 3 que rastrexa familias desgraciadas ás que vai aliviar de todos os seus males reformándolles a casa que dá gusto. Esta noite vai máis aló, porque constrúen unha vivenda nova dende os alicerces.


“¡Ay mísero de mí! ¡Y ay infelice!”

“El Show de Truman” (La Sexta, 22.15 h.)

Sociedade 28/12/2009
  Envía a túa opinión

Os programadores teñen pouco sentido do humor, e en troques de organizar unha inocentada de categoría, como encher todo o prime-time de documentais, limítanse ao mesmo de todos os anos: programar a gran gala dos inocentes, que subsiste polos seus fins benéficos e nos lembra que gastarlle bromas aos famosos foi en tempos o mellor do humor que se facía na televisión. Desta volta, no programa de Antena 3, pendúranlle o boneco de papel nas costas a xente de talentos tan desmesurados como Alberto Contador e María Patiño, cadaquén no seu campo, por suposto, malia que á xornalista rosa lle palpiten as venas como a un ciclista no cumio do Mortirolo. Pero é La Sexta quen fía un pouco máis fino e escolle unha película que non fai senón contar unha broma dos inocentes pero con orzamento de Hollywood.


Que pasará, que misterios haberá, pode ser a miña gran noite

“Concierto Raphael” (TVE, 00.15 h.)

Cultura 24/12/2009
  Envía a túa opinión

Cando pasen centos de anos e a civilización actual sexa unha vella lembranza, as crónicas apócrifas que reconstruirán a esparexida memoria dos nosos tempos contarán que houbo tres reis mercaderes, Alcampo, Cortinglés, e Eroski, que viaxaron durante cen lúas dacabalo dun skate para adorar ao fundador do perfil de Facebook con máis suscriptores do mundo. Haberá leas entre os historiadores tentando determinar se o sinal que guiou aos monarcas ata a mesiánica aparición foi unha estrela, o raio laser da discoteca LP45 ou lixo en órbita da Estación Espacial Internacional. Mais pola redundancia do fenómeno concluirán que aquel fulgor celestial non era senón a dentadura de Raphael, dun blanco nuclear perfecto que alumea cada Noiteboa desta era catódica. E esta, claro está, tamén.


“Teacher, leave the kids alone!”

“Dejadnos solos” (Telecinco, 21.45 h.)

Sociedade 23/12/2009
  Envía a túa opinión

A idea chama a esgazar as vestiduras: facer un “Gran Hermano” con nenos de 10 a 12 anos. Antes de que teñamos a posibilidade de nominar con tres puntos a Telecinco, dende a cadea xa apuran a matizar a cuestión: non é un concurso competitivo, é un experimento sociolóxico. A min esta última explicación sóame, pero debina esquecer tras unha década de reality adulto na que a observación de fauna civilizada foi derivando en expresión salvaxe (insultos e edredoning mediante) e na que a presunta non intervención no medio da proba científica ficou alterada polas lexítimas arelas dos concursantes por facerse estrelas da televisión. Pero resulta que agora si, que a convivencia con cámaras e sen pais de raparigos e raparigas separados por sexos durante uns días é un fenómeno que nos pretende achegar un gran corpus de coñecemento. Se non fose porque a encargada de presentar o programa é Paz Padilla, pensaría que o que estrea Telecinco esta noite é “Redes” en troques de “Dejadnos solos”, que así se chama o evento.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros