Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 24 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Miguel Anxo Seixas e Socorro García presentaron o libro didáctico sobre Ánxel Casal

Miguel Anxo Seixas: “Non podemos esquecer as liberdades que herdamos grazas a sacrificios como o de Ánxel Casal”

Sociedade 22/12/2009
  Envía a túa opinión

“Cómpralle a quen herdou, que non sabe o que lle custou”. Con este consello tirado do refraneiro popular explica Miguel Anxo Seixas Seoane a importancia da súa obra Ánxel Casal Gosende. O editor de Nós. Este libro didáctico recupera a figura do intelectual, editor e político compostelán e pon en relación a súa biografía cos espazos da capital galega. O obxectivo é que aqueles que pasen por diante do Parlamento Autonómico, dos edificios da Xunta ou do Museo do Pobo Galego saiban que os “herdaron” grazas aos sacrificios de persoeiros como Casal.


Andrés Dobarro popularizou a música lixeira en galego

20 anos sen Andrés Dobarro

Cultura 22/12/2009
  Envía a túa opinión

Foi o Bob Dylan galego. Un autentico milagre musical que logrou catro números un cantando en galego nos primeiros anos setenta. Son palabras do crítico musical Nonito Pereira, arredor da figura de Andrés Dobarro. Cúmprense hoxe 20 anos desde a desaparición do mítico músico ferrolán.


Quique Peón avanza na dignificación da danza tradicional galega co libro-CD-DVD “Ovay”

Cultura 22/12/2009
  Envía a túa opinión

A compañía Quique Peón estreábase a comezos do verán co espectáculo Ovay, a primeira peza de danza tradicional galega protagonizada por un só bailarín, convertida agora no primeiro libro-CD-DVD que recolle os diversos movementos masculinos e femininos do noso baile tradicional. En total, 50 intensos minutos gravados ao vivo no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Unha proposta de pequeno formato con Quique Peón como elemento central, pero na que tamén atopamos a música ao vivo de Xosé Lois Romero e Suso Vaamonde.

 

 


Facultade de Medicina

Un diccionario que aglutina 6.000 tecnicismos médicos cos seus equivalentes en lingua galega, castelán, portugués e inglés

Sociedade 19/12/2009
  Envía a túa opinión

A Universidade de Santiago (USC) conta  cun diccionario que aglutina 6.000 tecnicismos médicos cos seus equivalentes en lingua galega, castelán, portugués e inglés. O obxectivo da USC é complementar a edición en 2002 do 'Dicionario galego de termos médicos', que "só permitía acceder aos conceptos se se coñecía a palabra en galego".

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros