Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Fino olfacto para o queixo e a comedia

“Ratatouille” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 22/12/2009
  Envía a túa opinión

Calquera cousa que non sexa unha parella de nenos de San Ildefonso entoando como se fose o “Aleluya” de Haendel o número da lotaría que levamos gardado no peto dende hai meses ten difícil aspirar a ser o acontecemento televisivo do día. Mais dende o convencemento estatístico de que esta noite tocarame sentar diante do televisor en troques de nun asento de clase Bussiness nun voo ás Bahamas en condición de novo millonario, cómpre escoller algún plan que faga rir o suficiente como para esquecer que “hipoteca” non é unha palabra do grego antigo senón o leitmotif vital do seudodesarrollismo español do século XXI. E postos a rir, poucas comedias hai mellores que “Ratatouille”, unha desas películas da factoría Pixar que compite con Clint Eastwood por ver quen consigue a mellor xeira de grandes longametraxes dende que pasaron os tempos do Hollywood dourado.


Home ou mito?

“Buenafuente: Jordi Hurtado” (La Sexta, 00.50 h.)

Sociedade 21/12/2009
  Envía a túa opinión

Jordi Hurtado, de profesión: excepción. O día no que desapareza o pirulí de Torrespaña e o Goberno decida facer un Monte Rushmore con cabezas xigantes talladas na Serra madrileña dos grandes mitos da televisión pública, alí estará en pedra eterna como a súa carreira a faciana de Jordi Hurtado, o pelo rizo, os lentes redondos, o sorriso que dá medo de tan postizo como parece. Se a Galega prepara festexos por 25 anos de vida, entón Televisión Española debera cambiar a súa mosca identificativa nun recanto da pantalla pola faciana deste presentador, que leva tantos ou máis anos poñendo tensión dramática en concursos de todo tipo. Esta noite visita “Buenafuente” onde o showman tentará descubrir se en realidade o home que con impertérrita exactitude mecánica de androide presenta dende hai 13 anos “Saber y Ganar” é, efectivamente un robot ou, como aventuran as últimas novas, en realidade está morto.


Todo cambia para que todo siga igual

“Sálvame Deluxe: Belén Esteban” (Telecinco, 21.45 h.)

Sociedade 18/12/2009
  Envía a túa opinión

De que o soño da razón produce monstros informounos Goya, e agora descubrimos por nós mesmos que o soño dos programadores entregounos a Belén Esteban. A folganza creativa que veñen aplicando dende hai anos os directivos das televisións privadas maioritarias en España deixou descansar o peso da audiencia sobre os ombreiros de figuras fráxiles, celebridades de combustión espontánea que funcionan como iso que os americanos chaman o “flavour of the week”, o “sabor da semana”: entretéñennos por un tempiño, quéimanse axiña e logo cambiámolos por outros. Mais aí está Belén Esteban, que se mantén vizosa como unha árbore de folla perenne, sobrevivindo a todos os invernos de Telecinco, que á súa lingua encomendou toda a súa igrexa. Nun xesto de xenerosidade tremenda para o peto de Paolo Vasile, de Silvio Berlusconi e de todos os seus xefes (e por extensión para o peto Cuatro, con quen a canle amiga vaise fusionar), a Esteban decidiu combater o fastío do público cun reset humano.


Dame veleno que quero morrer

“50 años de... El Humor” (TVE, 23.50 h.)

Cultura 17/12/2009
  Envía a túa opinión

Os actores cómicos reivindican sempre que é máis difícil facer rir que chorar. Razón non lles falta, porque mentres as bágoas agroman en todos por desgrazas máis ou menos semellantes, o mecanismo da risa depende de que encaixe o sentido do humor de cadaquén coa categoría do chiste en cuestión. Hai unha zona gris na que a broma non activa os mecanismos precisos e o espectador fica tristón e o pallaso en ridículo. A comedia, tan divertida ela, ás veces é para chorar. É por isto mesmo que a xente debate sobre se Los Morancos tiveron graza algunha vez na súa carreira para alguén que viva máis ao norte de Torrespaña, ou se Os Tonechos e Mucha e Nucha sacan o mellor ou o peor de nós mesmos. A todas estas cuestións dedica Paco Mir, membro de El Tricicle o documental “El Humor”, que se emite na serie especial “50 anos de...” en Televisión Española.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros