Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Puerto Hurraco, cidade de vacacións

“Comando Actualidad” (TVE, 22 h.)

Sociedade 16/12/2009
  Envía a túa opinión

Pensei en que algo debera facer o tal Benito para que o seu nome collese tal mala fama e resulta que o sambenito eran as roupas que vestían os acusados cando eran levados ante o tribunal da Santa Inquisición. A mesma palabra refería tamén o escapulario co que saían os absoltos por ese mesmo tribunal e se libraban dun peeling en aceite fervendo ou unha masaxe garrote vil mediante. Hogano o sambenito é aquela acusación que nos fan sen moito fundamento e malia que lugares no mundo hai moitos -e en Galicia temos máis concentrados que en ningures-, abundan as vilas nas que un único suceso tráxico marca a súa fama de forma perenne así como o ferro quente deixaba a súa tatuaxe indeleble sobre a pel dos condenados polos inquisidores.


“Nomino a Arturo porque a súa vesícula sabe a fígado”

“Dead Set” (Cuatro, 00.10 h.)

Sociedade 15/12/2009
  Envía a túa opinión

Pode parecer un paradoxo, mais os grandes reality-shows da televisión non existen tanto porque haxa xente disposta a enclaustrarse durante meses nunha casa illada do mundo exterior, senón porque hai xente en número de millóns disposta a sentar no sofá para ver xente pechada durante meses nunha casa illada do mundo exterior. O perverso de “Gran Hermano” e toda a súa prole é o desenvolvemento dun comportamento autoconsciente por parte dos concursantes, cuxa actuación desenvólvese baixo a dúbida perpetua da interpretación dramática. Moitos dos que ingresan nese escenario coidan que son o centro do mundo e manéxanse en consecuencia, mais nunca serían tanto o centro do mundo como no caso de que ninguén os estivese a ver. Se cadra só entón poderían ser eles mesmos. Este quebracabezas paradoxal está no cerne dunha das propostas televisivas máis tremendas dos últimos tempos: titúlase “Dead Set” e estréase en Cuatro.


Cheques e Cantizano: malos argumentos para unha tutela

“DEC: o neno obeso de Ourense” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 11/12/2009
  Envía a túa opinión

Esta semana aprendín que a segunda frase máis célebre da historia do cine é aquela de “O Padriño”: “Voulle facer unha oferta que non poderá rexeitar”. Así que parei a cavilar en que clase de ofertas son esas e, malia que eu o descoñezo, os produtores de “¿Dónde estás corazón?” si que saben ben delas. Se cadra foi así que conseguiron a entrevista pola que devecen dende hai un mes todos os rexoubeiros que tanto abundan na televisión amarela. Luís Montoya e Margarita Gabarres, os pais do neno de Ourense adoecido de obesidade mórbida, decidiron sacarlle un diñeiro a tantas choras como viviron nas últimas semanas.


“Estache algo revolto o mar hoxe, George”

“A tormenta perfecta” (TVG, 22.25 h.)

Cultura 10/12/2009
  Envía a túa opinión

Xa manda truco que a historia dos barcos no cine e na televisión teña por protagonistas a cruceiros de pracer como en “Titanic” ou “Vacaciones en el mar”, ou a piratas con gusto circense, véxanse as cintas corsarias de Johnny Deep ou Errol Flynn, pero que nunca se lle fixera o caso debido aos que en maior número fan da súa vida enteira unha aposta á supervivencia entre as ondas de catro metros, maruxía mar de fondo, e ventos de forza sete. E iso que historias de mariñeiros hainas para tomar e agasallar e resultan ben bonitas. A min das cancións que aprendía de pequeno na misa sempre me pareceu a máis xeitosa aquela de “En la orilla he dejado mi barca”, e os peiraos seguen a parecerme o escenario máis bonito que se poden visitar nunha vila galega. Porén, un pensa en películas das de botar as redes e non lle saen moitas máis que “A tormenta perfecta”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros