Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

The Dodos tocará na sala do Museo Marco

Os sones psicodélicos invaden Vigo

Cultura 15/12/2009
  Envía a túa opinión

A banda californiana The Dodos encherá a sala do Museo Marco de Vigo de sones psicodélicos pechando a programación de outono do Festival Sinsal. The Dodos presentará o vindeiro xoves,- día 17, ás oito e media da tarde,-o seu último disco que saíu á venda o pasado mes de agosto, titulado “Time to Die”. A gravación confirma a radical orixinalidade do dúo, devenido para a ocasión en trío, trála incorporación ao vibráfono de Keaton Snyder.


Santiago e A Coruña acollen a presentación ao vivo do “Cuarta potencia” de The Homens

Cultura 15/12/2009
  Envía a túa opinión

Os composteláns The Homens están máis enfadados ca nunca e así o demostran no seu novo traballo, o cuarto xa da súa discografía e o segundo longa duración, Cuarta Potencia. Un disco con 12 temas rabiosos e con gusto polas melodías que ás nove da noite do xoves se escoitará na Sala Nasa de Compostela e ás dez e media do venres no Le Club da Coruña. En ambas citas aseguran que haberá sorpresas e, ademais, estarán acompañados por Novedades Carminha que tamén presentan álbum, Te vas con cualquiera. As entradas para os concertos custan 10 euros.

 

 

 


O repertorio para banda sinfónica e gaita protagoniza o II Musgafol

Cultura 11/12/2009
  Envía a túa opinión

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá mañá sábado, a partir das nove da noite, a segunda edición do Musgafol, o festival da música académica galega para gaita de fol. Un son que ata agora só tiña cabida nas aulas dalgúns conservatorios, pero que agora trata de popularizarse potenciando aos seus creadores e aos novos intérpretes. Desta volta o evento está dedicado ao repertorio para banda sinfónica e gaita e nel daranse cita algúns dos mellores gaiteiros do noso país acompañados pola Banda de Música de Pontevedra, baixo a batuta do director convidado X. L. Represas. Ademais, como xa aconteceu na primeira edición, gravarase un CD monográfico deste repertorio. A entrada é de balde.

 

 

 


Leite de Nai estrean ao vivo en Ourense “Mirando ao ceo”

Cultura 10/12/2009
  Envía a túa opinión

A praza do Correxidor de Ourense acollerá este sábado a presentación ao vivo do novo traballo de Leite de Nai, Mirando ao ceo. A banda ourensá dá a coñecer en concerto os cinco novos temas da súa quinta maqueta, “máis friki e ecléctica”, segundo o batería da banda, “Bush”, que xa se pode descargar de balde no portal web A Regueifa Plataforma.

 

 


 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros