Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Quen é este señor? A TVE tampouco lle interesa moito

“59 segundos: Una nueva Europa” (TVE, 01.30 h.)

Institucional 09/12/2009
  Envía a túa opinión

Nesta volta de ponte, a xente está moi sensibilizada cos desatinos nos transportes e será por iso que a televisión pública española decidiu reservar para o prime time unha reportaxe sobre o anecdotario cotiá dun aeroporto. Trátase de empatizar coa audiencia, e de seguro que o programador sabio considera que os moitos turistas que no mundo somos compartimos unha sorte de desesperanza universal, así que o lugar de privilexio vai para “Comando Actualidad” a aos abismos da madrugada fica confinado o debate de “59 segundos” sobre a actualidade europea: porque a fin de contas, Europa é algo que compartimos sen ter moi claro aínda o porque, e o que lle poida acontecer é algo que non ocupa o noso tempo. Poderíase dicir que, por nós, como se retorna Zeus convertido en touro branco e a volve a raptar levándoa ao lombo.


O ente ten conciencia e chámase Elena

“RTVE responde. El programa de la defensora” (La 2, 20.30 h.)

Sociedade 04/12/2009
  Envía a túa opinión

Entre as profesións do xornalismo, hai moito redactor de base, aínda máis directores dos que debera haber, correspondentes, cronistas de guerra, grafistas, fotógrafos, cámaras, etc. Se cadra a menos coñecida de todas elas, porque é tamén a que menos abunda, é a do ombudsman, que a min sempre me gustou porque ten como nome de superheroe. Para entendérmonos, trátase do defensor do lector que adapta a figura do valedor do pobo, e ao igual que este forma parte do Goberno pero en representación da cidadanía, aquel está a nómina do medio de comunicación pero ten por obxecto cantarlle as corenta.


Regueifa televisiva en La Sexta

“El Intermedio / Buenafuente” (La Sexta, 21.30 / 00 h.)

Sociedade 03/12/2009
  Envía a túa opinión

A teoría dos vasos comunicantes televisivos púxoa a funcionar na televisión española Tele 5, pero por medios moi diferentes é La Sexta quen procura o seu perfeccionamento. A cadea amiga inventou unha maneira barata de encher horas de programación arrastrando audiencias dunha faixa horaria a outra: a partir dun programa totémico que xera adoración multitudinaria, por exemplo Gran Hermano, pequenas pílulas dese espazo vanse esparexendo no programa matinal, no de corazón de sobremesa e mesmo nalgún que outro debate nocturno, e así os fieis devotos consumen os mesmos contidos reciclados unha e outra vez. Máis investimento require o da cadea de Mediapro, que ten nos seus programas de información humorística as mellores bazas. Funcionan grazas a autorreferencia que nesta xornada elevan ao nunca visto cun crossover ou cameo impropio dun magazine.


A tele di que a emigración non é a solución

“Comando Actualidad: No compares” (TVE, 22 h.)

Sociedade 02/12/2009
  Envía a túa opinión

Cumprindo coa súa función patriótica, a televisión pública española programa para esta noite unha reportaxe que tenta demostrar que estamos no medio dunha gran fabada universal, pois están a cocer fabas en todas as partes do mundo, e a crise económica e a carestía da vida é tan mala ou peor alén dos Pirineos. Baixo o título “No compares”, o “Comando Actualidad” pretende descubrir ata onde teñen que rascar o peto coa cesta da compra os emigrados a outros lugares de Europa. A aventura de vivir no estranxeiro, agás que marches a compartir meditación con Osel, o neno lama, nalgún santuario tibetano, precisa de cartos en calquera recanto que se nos ocorra.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros