Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Sen vergoña

“Buenafuente: Leslie Nielsen” (La Sexta, 00 h.)

Sociedade 01/12/2009
  Envía a túa opinión

Atreverse a rodar unha comedia española que parodia filmes que de seguro non viches na túa vida como “Los lunes al sol”, “Mar Adentro” ou “Alatriste” cando tes 80 anos e unha traxectoria de éxito en Hollywood ás túas costas non deixa de resultar pintoresco, pero Leslie Nielsen ten construído a súa vida arredor da improbabilidade. Se cadra non especialmente dotado para interpretación, nin o suficientemente guapo nin feo, a Nielsen abondoulle un prematuro pelo branco nuclear e unha expresión seria no medio do esmendrelle que o rodeaba para facer fortuna como o axente Frank Drebin, ese Inspector Closseau pasado de voltas, que protagoniza a saga “Agárralo como puedas”. A súa interpretación neses filmes e máis en “Aterriza como puedas” valeulle o alcume de rei das spoof movies, cintas realizadas a maior mofa, escarnio e maldicir das películas que si se senten importantes.


“Avogaaado, avogaaaado”

“El Cabo del Miedo” (La Sexta, 22.15 h.)

Sociedade 30/11/2009
  Envía a túa opinión

Estendeuse a crenza de que galegos e españois somos algo túzaros co idioma inglés por culpa da industria da dobraxe. Os nosos veciños do outro lado do Miño disque teñen unha moito mellor relación coa anglofilia porque o seu goberno non promovera que John Wayne falase con acento castizo e así teñen o oído afeito ao acento de Wichita. O costume de que as estrelas da pantalla falen en idioma coñecido sexa cal sexa a súa orixe ten o punto bo de que o cine e a televisión seguen a ser unha experiencia máis audiovisual que lectora, mais a parte negativa de que polo camiño pérdese fidelidade ao orixinal e danse circunstancias memorables. Sabemos que pola dobraxe, e tamén pola censura, “Mogambo” case se converte nun drama incestuoso en troques dunha historia adúltera, que en Galicia JR acusou a Sue Ellen de estaren bébeda como se a collese na caseta do campo da feira, e que Shin Chan resulta de seguro máis simpático como veciño de Noia que de Osaka. Entre os fitos das dobraxes perversas está tamén “El Cabo del Miedo”, que emite esta noite La Sexta.


“Coto, pegóuseche algo no pelo”

“DEC: Coto Matamoros” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 27/11/2009
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

Estamos fartos de falar da cobiza polo diñeiro como xermolo de todos os males, cando tamén podemos entender os cartos como un vehículo creado polas sociedades humanas para a reconciliación universal. Esta noite haberá sete días que vin a Coto Matamoros -a ollada perdida, o cranio rapado tatuado con símbolos tribais como se fose o malo dun filme de James Bond, o aspecto xeral de ter debaixo da tinta uns miolos moi gastados xa- cantarse as corenta por teléfono coa súa filla, con quen levaba anos sen falarse. Nin sequera o anuncio de que ía ser avó conseguiu sacar ao protagonista do seu transo narcótico e amosar algo de ledicia, mais aquí estamos, unha semana máis tarde e un cheque máis no banco e a familia Telerín, que non se aturaba, está disposta á reconciliación en directo. “¿Dónde estás corazón?”, chámase o programa familiar, e a resposta sería: no banco, cariño, no banco.


Ten liña directa con San Pedro

“Médium” (Cuatro, 22.20 h.)

Sociedade 26/11/2009
  Envía a túa opinión

Dixo o filósofo que o home é un lobo para o home, e abofé que o control da besta que durme dentro de nós é materia fascinante para a ficción. Tamén para a televisiva, consagrada nunha porcentaxe enorme á narración de historias policiais e de loita contra o crime. Dende “Canción triste de Hill Street” e “Brigada central” recoñézome incapaz de seguir ningunha serie de investigadores. Agora a nómina de Sherlocks con superpoderes de dedución ou directamente con talentos paranormais excédeme: está o entomólogo de “CSI” (que é unha e trina, como o misterio relixioso), os que saben de osos en “Bones”, os que todo o resolven botando contas en “Numbers”, os que se serven da psicoloxía e a interpretación da conduta en “El Mentalista” ou “Miénteme”, e despois os que investigan graza á liña directa co máis alá como “Entre Fantasmas” o “Médium”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros