Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

O amor está no feo

“Granjero busca esposa” (Cuatro, 22.20 h.)

Sociedade 25/11/2009
  Envía a túa opinión

O amor nos concursos de televisión camiña entre a fraude e o ridículo. Hai moitos exemplos de exposición para escarnio público dunha perversa idea do romanticismo, pero sempre ficarán na memoria as declaracións tipo “Misión:Imposible” de “Lo que necesitas es amor”, con pretendentes saltando de avións para representar que contra o rexeitamento sentimental non hai paracaídas que valga, e facendo outras demostracións que parecen dicir: “Cariño, destrúo a miña imaxe pública por ti; conto con que sexas quen de aprecialo”.


Romance anti-talibán

“Un burka por amor” (Antena 3, 22.15 h.)

Sociedade 24/11/2009
  Envía a túa opinión

“Non sabes en que mundo vives” é un reproche común contra os despistados coma min, mais é unha acusación feita moi á lixeira. O que sabemos realmente do conxunto do planeta que habitamos é moi pouco. Eu podería dicir que a maioría dos meus coñecementos teñen que ver coas dúas ou tres cousas que sei facer do meu traballo, os resultados de fútbol da fin de semana, a música pop, os videoxogos e algunha que outra afección que deixe por aí solta. Hai un tempo dérame o sarampelo de ser unha persoa mellor e máis alerta do que me rodea.


O coach-show matou á cegoña de París

“Hablar de sexo con papá y mamá” (Antena 3, 00 h.)

Sociedade 23/11/2009
  Envía a túa opinión

Tiven que coller aire cando lin na promoción do novo programa de Antena 3 que “ofrecerá a verdadeira realidade das relacións en materia de sexo entre pais e fillos”. Pasmoume a naturalidade coa que se facía apoloxía do incesto, cuxa prohibición, aprendéranos un profesor de socioloxía na facultade, é unha das institucións nas que se basean as nosas sociedades. Mais logo decateime de que non había máis horror alí que o dun mal enunciado, e que “Hablar de sexo con papá y mamá”, que así se chama o espazo, trata precisamente e unicamente diso, de falar. Trátase do conto de “papá pon unha pequena semente en mamá” pero actualizado como show televisivo para o século XXI.


Ciges e Resines en sidecar: un clásico instantáneo

“Versión Española: Amanece que no es poco” (La 2, 21.50 h.)

Cultura 20/11/2009
  Envía a túa opinión

Recomendar unha película española é como dicirlle a alguén que teña coidado cando camiñe por un determinado barrio dunha cidade: inmediatamente ponse en garda. Láianse os realizadores de certa aversión innata por parte dos espectadores contra a súa propia industria, abafados por unha interminable filmografía de dramas guerracivilescos e conflitos persoais atravesados por graves abismos que aspiran a Bergman e acaban en espectáculo de gogós en discoteca. Será por esa idea común que todo canto se sae da norma convértese en filme de culto. Pasaralle a “Celda 211”, ao igual que lle acontecera a “La Caja 507” e, malia que non ten ningún número no título, xa lla pasou a “Amanece que no es poco”, mito cinematográfico finisecular que cumpre 20 anos dende a súa estrea e ao que homenaxea Versión Española.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros