Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 17 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Super F preséntanse ao vivo no Palique de As Pontes

Cultura 03/12/2009
  Envía a túa opinión

Das cinzas de Dr. Funkstein, que se despedían a finais de 2007, nace neste 2009 Super F. Unha banda á que dan forma Ana, More, César e Jenel, que buscan pasalo ben sobre o escenario e fano trocando o funk polo rock. Ademais, esta fin de semana gravaron nos Estudios Bonham da Coruña a súa primeira maqueta que inclúe catro temas e que agardan publicar en breve. Super F actuarán a partir da medianoite deste sábado no Pub O Palique das Pontes acompañados de Bon a Chic.

 

 

 


Maryland rematan a xira de presentación de “Surprise” na Coruña, Vigo e Bueu

Cultura 01/12/2009
  Envía a túa opinión

Unha sorpresa foi para moitos descubrir o power-pop dos vigueses Maryland. Un quinteto que vén de editar con Ernie Records a súa ópera prima. Dez temas baixo o título de “Surprise” nos que participou activamente como produtor Jaime García Soriano (ex-Sexy Sadie e actual Sr. Nadie) desde o seu estudio en Mallorca, a onde se trasladaron na última semana da gravación. Previamente, os vigueses Estudios Areamaster de Pancho Suárez foron o seu lugar de traballo. O resultado xa se pode escoitar ao vivo esta fin de semana no remate da xira de presentación do álbum. O venres actuarán na Sala Le Club da Coruña, o sábado na Fábrica de Chocolate de Vigo e o domingo no Aturuxo de Bueu. Nesta ruta acompañaranos os navarros Muy Fellini.

 


O ngoni tócase en Malí, Mauritania e Marrocos

Bassekou Kouyaté, a música de Malí

Cultura 01/12/2009
  Envía a túa opinión

O ngoni é un instrumento que mistura a guitarra, o laud e o banjo de 3, 5 ou máis cordas. Dende Malí Bassekou Kouyaté presenta o album “I speak fula”, un album de estudio que logra capturar a increible enerxia que posuen os seus directos. Trátase dun dos músicos malienses máis interesantes e innovadores que xurdiron en Africa nos últimos anos.


O libro de Ugalde conta a historia das aspiracións dun crocodrilo

Rivas, Conde, Casalderrey e Kalandraka en Guadalajara

Cultura 29/11/2009
  Envía a túa opinión

Manuel Rivas, Alfredo Conde, Fina Casalderrey e a Editorial Kalandraka son algúns dos representantes da literatura galega na Feira Internacional do Libro que se celebra en Guadalajara (Mexico) ata o domingo 6 de decembro. Participan máis de 1900 editoriais procedentes de 40 paises.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros