Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Disney matou o rock

“El Hormiguero: Jonas Brothers” (Cuatro, 21.30 h.)

Sociedade 19/11/2009
  Envía a túa opinión

Nas últimas semanas, por “El Hormiguero” desfilaron Hugo Silva, Tokio Hotel e, esta noite, os Jonas Brothers. Deste elenco podemos interpretar dúas leccións: ou ben a xefa de produción do programa máis exitoso de Cuatro é unha rapaza adolescente que colma a súa libido convidando ás celebridades con cuxos pósters decora as paredes da habitación, ou simplemente a persoa responsable de seleccionar os convidados sabe ben do gusto maioritario do público. Así que repetirán experiencia e experimentos no tolo show televisivo os irmáns con nome de devorado por mamífero xigante e Pablo Motos terá a ocasión de corrixir problemas acontecidos na súa anterior visita.


“Badbois, badbois, guachuguanadú....”

“Dous Policías Rebeldes II” (TVG, 22.35 h.)

Sociedade 18/11/2009
  Envía a túa opinión

O Príncipe de Bel Air volve a casa convertido nun mozo malo. Will Smith, no inicio cómico rapeiro canda a Jazzy Jeff, soubo tirar dos fíos que no complexo mundo de poleas de Hollywood o elevan a un ao estrelato, e hogano é, Denzel Washington aparte, o único actor afroamericano capaz de protagonizar unha superprodución palomiteira. Se contamos a cantidade de produción audiovisual ao ano dos Estados Unidos e o peso demográfico da poboación negra, que só haxa dous actores lexitimados para encabezar un dos chamados blockbusters obriga a unha reflexión sobre a aceptación da diferenza racial no mundo das estrelas. Concédeselles un papel preponderante na industria musical, mais iso cabe cargalo no debe da propia tradición da música americana procedente dos vellos bluesman dos campos de algodón, ou no arquetipo marxinal do rapeiro que, por suposto, non procede de barrios brancos e anglosaxóns protestantes. Houbo un longo camiño dende Carlton Banks a Michael Bay, e os managers de Will Smith sabían como percorrelo.


A whiter shade of pale

“Crepúsculo” (Antena 3, 22.15 h.)

Cultura 17/11/2009
  Envía a túa opinión

Preciso consello. Non sei se encarnarme os beizos con efecto gloss sobre vermello ruso ou deixar un ton de pexego colorado mate. Para os ollos aínda dubido en acompañar o perfilado cunha sombra de azul de tebras ou directamente pintarme unhas bolboretas como Kimera Nakachian. Pero o que teño claro e que me teño que maquillar. Linlle hai unha días nunha entrevista a Gene Simmons, o líder da mítica banda de vodevil-rock Kiss, que tivo sexo con 7.000 mulleres diferentes, grazas a que se pintou a cara como un arlequín diabólico dende que era novo.


Corleones de favela

“Ciudad de Dios” (La 2, 22 h.)

Sociedade 16/11/2009
  Envía a túa opinión

Anda Joaquín Sabina de xira promocional do seu novo disco ao que, co seu humor cáustico habitual, deu en chamar “Vinagre e rosas”. Para esta noite en Buenafuente para falar das súas batallas de cazalla, as aventuras que lle escacharon a voz, a rebelión contra o cu de bo asento que a saúde lle obriga a ser e as nenas que xa non queren ser princesas. Pero para saber desas nenas e tamén dos nenos que queren ser El Padrino, é mellor deixar a Sabina para outro día e ficar en La 2, onde se emite un dos mellores thrillers da década, unha historia de amizade,  violencia, sexo, drogas e samba protagonizada por meniños da rúa e que se chama “Ciudad de Dios”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros