Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Begoña Garrido

Begoña Garrido participará nos Xogos do Mediterráneo grazas á marca realizada no universitario

Deportes 12/05/2009
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

Os atletas galegos fixéronse con dez medallas no Campionato de España Universitario disputado esta fin de semana en Fuenlabrada. A mellor actuación protagonizouna a ferrolá Begoña Garrido, campioa nos 400 metros e récord galego absoluto e récord tamén da historia da competición estatal grazas a unha marca de 54 segundos e 14 décimas. A atleta galega atópase máis que satisfeita cun resultado que lle permitirá participar en xuño nos Xogos do Mediterráneo que terán lugar en Italia. Despois dun par de anos lesionada, bater récords é sempre unha satisfacción, como ela mesma nos comenta.

 


Óscar Vicente

Os duatletas do Cidade de Lugo Fluvial reinan no campionato galego

Deportes 11/05/2009
  Envía a túa opinión

Óscar Vicente e Estefanía Domínguez, do Cidade de Lugo Fluvial, proclamáronse esta fin de semana en Ourense campións galegos individuais de duatlón. Tendo en conta estes resultados, o club lucense tamén foi campión por equipos. Óscar Vicente, campión de Europa e de España júnior, gañou a final galega cun tempo de 56.16 minutos, con 1,21 min de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo e segundo clasificado, Jesús Gomar. Terceiro foi Luís Calvo do Bricosa Arcade. Pola súa banda, Estefanía Domínguez fixo un tempo de 1:05.16, seguida de Camila Alonso e de Sara Velo do Triatlón Ferrol.


Pablo Méndez, do CB As Neves, contribuíu ao ascenso

O CB As Neves representará a Galicia na 1ª división

Deportes 08/05/2009
  Envía a túa opinión

O Club de Bádminton As Neves vén de ascender a 1ª división tras proclamarse campión na fase de ascenso que tivo lugar na localidade barcelonesa de La Garriga. O conxunto galego gañou a todos os seus rivais e a partir de setembro comezará a competir nesta nova liga. As Neves volve á 1ª división despois de descender hai dúas tempadas. Unha volta que foi posible grazas a deportistas como Pablo Méndez, David Durán, Bruno Moldes, Andrea Fernández, Nerea Alvés, Leticia Rodríguez e Ángela Soto.


Os rapaces inícianse moi novos na patinaxe artística

O pavillón de As Roteas de Vigo acolle o Campionato Provincial de Patinaxe Artística

Deportes 07/05/2009
  Envía a túa opinión

O Club Coruxo organiza esta fin de semana no pavillón de As Roteas de Vigo o Campionato Provincial de Patinaxe Artística de Figuras Obrigatorias e Libra das categorías cadete e sénior. A competición, na que participan sete clubs, comezará ás dez da mañá do sábado coas figuras obrigatorias da categoría cadete, seguida de xuvenil e júnior. Xa pola tarde será o momento da competición do programa curto de cadete, xuvenil, júnior e sénior. O domingo pola mañá, será a competición do programa libre tamén en todas estas categorías. O campionato acabará ás dúas coa entrega de medallas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros