Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

España lidera a produción ecolóxica de Europa, segundo cifras do Ministerio

Sociedade 30/04/2009
  Envía a túa opinión

Moi difícil resulta nos actuais tempos de crise económica atopar sectores en auxe. Atendendo ás cifras e as declaracións dos implicados, pódese sinalar que a agricultura ecolóxica é un deles. O programa Onda Rural recolleu as opinións ao respecto de representantes da administración, produtores, distribuidores e consumidores.


Samuel Juárez é o novo conselleiro do Medio Rural

O sindicatos pídenlle ao conselleiro de Medio Rural un plan de choque para o sector lácteo

Sociedade 29/04/2009
  Envía a túa opinión

A receptividade do conselleiro do Medio Rural é o que salientan os responsables dos sindicatos agrarios despois da súa primeira xuntanza co novo responsable da Xunta en materia agrogandeira. O programa Onda Rural  recolleu as valoracións desa reunión e deu conta das últimas cifras sobre agricultura ecolóxica.


Porcos galegos

Os produtores de porcino insisten en que consumir carne de cocho resulta seguro

Sociedade 28/04/2009
  Envía a túa opinión

Consumir carne de porco resulta totalmente seguro. Produtores, expertos e administración lanzan esta mensaxe á cidadanía, intentado evitar a alarma por mor da gripe porcina. O programa Onda Rural recolleu distintas voces ao respecto e abriu os seus micrófonos ao presidente da Federación Galega de Porcino, José Antonio Vidal.


Elena Espinosa explicou a postura de España no Consello de Ministros de Agricultura

Os países da Unión Europea piden a Bruxelas novas medidas de apoio ao sector lácteo

Sociedade 27/04/2009
  Envía a túa opinión

Practicamente todos os Estados membros da Unión Europea pediron á comisaria de Agricultura, Mariann Fischer, que se apliquen novas medidas de apoio ao sector lácteo. En concreto, España formulou a proposta de pór en marcha axudas para o leite desnatado ou desnatado en po dirixido á alimentación animal. Tamén solicitou que se contemple a posibilidade de axilizar e modificar os prezos na campaña de distribución de leite aos escolares xa que isto, entenden, axudaría a sacar produto do mercado. O programa Onda Rural informou sobre este asunto e tamén recolleu as cifras de actividade do Consello Regulador da Denominación de Orixe de Monterrei, que poñen de manifesto que estes caldos gañan cada vez máis presencia no mercado estatal e internacional.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros