Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

A revista busca garantir a súa continuidade

E ti xa es do club da Revista Oink!?

Cultura 08/02/2014
  Envía a túa opinión

Hai pouquiños meses, aló por setembro, saudamos o nacemento de “Oink! A revista do Xabarín Club”, unha publicación mensual que polo prezo de tres euros prometía formar e entreter a nenos e maiores seguidores dunha das iconas máis potentes da nosa cultura audiovisual. Era a mesma publicación que quería ler a filla de Marcos Ferreira, director e promotor do proxecto, e que por desexo da súa pícara botou a andar esta idea. Polas páxinas de “Oink!” desfilaron dende aquela algúns dos mellores autores de banda deseñada do noso país nunha publicación integramente en galego e que pretendía ao mesmo tempo formar e entreter aos lectores máis novos. Pero o inverno é duro para o Xabarín. A saída do quinto número da revista paralizouse logo de que os datos de venda fosen descendendo con cada nova pubilcación. Así, a empresa Agalip tivo que botar contas e resolveu que para poder soster o proxecto precisa duns subscritores cuxo apoio solicita agora a través dunha campaña de microfinanciamento en internet a través da plataforma Verkami.


Henrique Monteagudo, Xesús Alonso Montero e Anxo Angueira na presentación dos manuscritos

O poema de Rosalía presentado pola RAG “tecnicamente si que era inédito”

Cultura 21/01/2014
  Envía a túa opinión

“Dinche o corazón na man” eran uns versos de Rosalía de Castro esquecidos e que até agora só puideran ler hai uns meses os poucos que tiveran acceso á revista do Instituto Virxe do Mar de Noia. Alí os publicou o profesor Ramón Torrado. Cando a Real Academia Galega presentou a pasada semana o manuscrito da poeta como un inédito non pensaba que xa fora reproducido. “Tecnicamente si que era inédito, porque aparte de non constar na bibliografía rosaliana, no arquivo de onde parte non había noticia da publicación e normalmente cando un publica un texto inédito ten que solictar autorización e alí non había constancia”, explicou en Radiofusión o secretario da institución, Henrique Monteagudo. Con todo, o profesor prefire que “un detalle menor” non agoche o importante: “Que agora o público en xeral pode coñecer o poema explicado no seu contexto, confirmando que se trata dun poema rosaliano”.


A nena indie Candela actuará cos seus pais o 4 de xaneiro

Música pop a cambio de agasallos de reis para os máis necesitados

Sociedade 29/12/2013
  Envía a túa opinión

Trae un regalo, goza da música e fai feliz a un neno. Con ese lema, o vindeiro 4 de xaneiro ás cinco da tarde, a Cidade da Cultura acolle unha nova edición de Cancións por regalos, o concerto solidario co que poder achegarte á música pop ao tempo que axudas aos que máis o necesitan. Nesta terceira edición, as bandas pop cámbianse por dous espectáculos musicais: a ópera rock infantil Bababum e un concerto con Candela y Los Supremos, a nena indie que está revolucionando a industria musical.


“Matarte lentamente” está editada por Xerais

Diego Ameixeiras: “Ao límite, todos somos potenciais delincuentes”

Cultura 17/12/2013
  Envía a túa opinión

Algúns lembrarán un dos momentos de máis tensión deste curso parlamentario, cando aínda se permitía o acceso ao hemiciclo de colectivos cidadáns con ganas de facer sentir o seu parecer. Logo de increpar aos membros do Goberno e antes de seren desaloxados, algúns afectados polas participacións preferentes, manifestaron iso que ninguén se atreve a dicir nun Parlamento: “Aquí vai haber sangue”. Eran as palabras propias de alguén que sente que talvez xa non ten nada a perder. Dalgún modo, ese aire desolado está nas páxinas de “Matarte lentamente”, a última novela de Diego Ameixeiras, editada por Xerais, un mosaico que se sucede páxina a páxina, mais que todo ao completo podería ter a apariencia dunha páxina dun xornal calquera. O escritor explicou en Radiofusión que esta é “unha historia de moita carraxe, de moita situación desesperada, que é un pouco o panorama que temos diante dos ollos con esta situación caótica no económico que estamos vivindo neste momento”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros