Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Ninguén escolle os seus veciños

“Comando Actualidad: Mi casa, mi cruz” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 23/05/2012
  Envía a túa opinión

Que si, que o dereito á intimidade está moi ben, pero agora que no Parlamento de Galicia estase a debater a nova Lei de Vivenda, eu diría de engadir unha emenda para a creación dun equipo de Stasi-autonómica, a saber: un corpo de funcionarios da administración, como o protagonista do celebrado filme alemán “A vida dos outros”, encargaríase de fiscalizar e realizar informes sobre a veciñanza dos edificios. Os beneficios? Diminuír os índices de violencia e axilizar a carga de preitos nos xulgados. Os motivos? Os propios veciños. E é que as sociedades humanas, feitas para vivir en comunidade, aínda non foron quen de deseñar solucións definitivas para resolver o problema da convivencia non desexada, conflito agravado dende que habitamos vivendas como formigueiros, uns dacabalo dos outros, sen posibilidade de escoller compañeiros de parede, a nosa tranquilidade invadida de xeito cotiá por ruídos, obras, estragos e todo un catálogo de atenuantes para presentar en caso de que, chegado o día, nos xulguen por homicidio cometido contra o veciño do 4º C.


Foi sarcástico mentres durou

“House” (Fox, 23:15 h.)

Cultura 22/05/2012
  Envía a túa opinión

Algo gañamos. Somos máis listos. Sabemos o que é o lupus e tamén a vicodina. Sospeitaremos sempre de que o primeiro sexa a solución para todos os males sen explicación, e non diremos que non a unhas pílulas da segunda se algunha noite queremos festa. Tamén aprendemos máis cousas sobre a condición humana grazas aos delirios de control dun maníaco capaz de espremer até a última pinga de paciencia dos que o rodean con tal de que aboie a verdade, porque ao cabo -e aquí é onde o coro canta ao unísono- “todo o mundo mente”. Tamén levamos algúns momentos antolóxicos, episodios de misterio magníficos que transcorren no cerebro dun toxicómano; capítulos dobres cuxas tramas requiren un esforzo do espectador ao que corresponden encaixándoo todo até compoñer a figura da boneca rusa matriz; ou piruetas magníficas como a ocasión na que a historia se conta co limitado campo de visión dun paciente tirado nunha padiola. Así que, malia as manchas dun expediente sometido a moitos anos de desgaste, ao doutor Gregory House podémolo licenciar con honra e satisfacción tras oito longas tempadas.


Regreso ao futuro

“El Hormiguero 3.0: Bertín Osborne e Arévalo” (Antena 3, 21:45 h.)

Sociedade 21/05/2012
  Envía a túa opinión

Se para algo serve a crise económica é para deixar atrás ese lugar común de que calquera tempo pasado foi mellor. Convertidos en parque temático de nós mesmos, esa volta aos 80 que asomaba no escaparate do Bershka revelouse hoxe como unha predición máis fiable que a dos Maias e a fin do mundo. Que retornen aos escenarios Os Resentidos e Aerolíneas Federales mentres se manifesta o sector naval nas rúas de Vigo e Ferrol, devólvenos aos anos previos á bonanza económica nos que o máis aproximado á cor en alta definición era unha caixa de 24 Plastidecor. Tamén activa o rewind na nosa cinta vital pensar en Bertín Osborne e Arévalo ocupando o prime-time da televisión, e seica ese milagre propio de “Jurassic Park”, de cando os dinosauros dominaban a grella, vaise reproducir esta noite.


Plan de axuste

“Gala: Arriba ese ánimo” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 18/05/2012
  Envía a túa opinión

Hai dous tipos de humor: o voluntario e o involuntario. As mellores gargalladas adoitan producirse co segundo: xa sexa alguén esnafrándose pola rúa; outro que esbirra cando ten a boca chea; María Dolores de Cospedal afirmando que estamos en crise porque os empregados cobramos moito e traballamos pouco; ou un responsable de Televisión Española decidindo bautizar unha gala turística  de playbacks musicais, desaparecidas da grella hai tempo, co nome de “Murcia, ¡qué hermosa eres!”, inmediatamente transformado en chiste que aínda funciona tantos anos despois. Hoxe o ente público reincide no erro porque, organizando voluntariamente un festival de humor, acaba facendo unha broma involuntaria ao formular como remedio á crise económica e laboral, non unha información documentada sobre a situación da xestión pública que permita á cidadanía reclamar a súa soberanía, ou unha entrevista ao Presidente do Goberno, senón que a solución pasa, seica, por botarnos unha risas. “Arriba ese ánimo” chámase o invento, o mesmo que di o que saúda ao viúvo no enterro metendo a zoca. 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros