Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Si que o é, pero dá traballo

“Callejeros: Gratis” (Cuatro, 22.30 h.)

Sociedade 13/11/2009
  Envía a túa opinión

Hai unha campaña de publicidade estes días que me fai rir. Unha compañía enerxética promete que se contratas con eles a luz e mailo gas, parte do consumo sáeche “sénfimer”, ou tamén che pode saír “pukinuki”. O consumidor obxectivo fica patidifuso ata que o vendedor repite a oferta substituíndo os neoloxismos pola palabra “gratis”. Comeza a seguir unha reflexión sobre o efecto marabilloso das cousas de balde para estimular as endorfinas do ser humano. E razón non lles falta. Mágoa que no punto ao que chegamos neste mundo construído arredor da gran idea capitalista de que todo ten un prezo agora mesmo o gratuíto é sospeitoso.


Chuck Norris pode dividir por 0

“Desaparecido en Combate III” (La Sexta, 22.15 h.)

Sociedade 12/11/2009
  Envía a túa opinión

Fálase de que internet, un medio aínda novo e onde é a xente máis nova quen adoita posuír as mellores competencias, ten a capacidade de converter en celebridades de impacto global auténticas trapalladas que comezaron por facerlle graza a uns poucos e que logo se espallaron como un andazo polo correo electrónico. Un vídeo dunha parella que baila “Thriller” no vals nupcial, un neno que fala drogado pola anestesia do dentista, unha cobaia que con dramatismo fita directamente a cámara e moitas outras cousas esquecibles son durante uns días fenómenos mundiais sen máis pouso do que ten un chiste infantil. A televisión experimenta tamén con ese poder de suxestión global, que aí teñen a Belén Esteban convertida no personaxe máis popular de España. De entre as construcións máis exitosas da rede, unha xa existía: Chuck Norris.


Os felices días do “dientessss, dientessss”

“La noria: Isabel Pantoja” (Telecinco, 21.45 h.)

Sociedade 11/11/2009
  Envía a túa opinión

Cando esta recomendación sexa pública, se cadra xa non ten xeito. Avogados e xuíces andan a pleitear verbo da emisión ou non da reportaxe especial que Telecinco conta con emitir esta noite e que situaría definitivamente a Isabel Pantoja como a Doutora Non da prensa rosa e amarela, unha supervilá de película á que cómpre afundir sexa como sexa. Avisabamos hai uns días, co gallo da recuperación para a tele, previo pagamento millonario, de Julián “Cachuli” Muñoz (ex alcalde de Marbella, ex amante agraviado e aínda criminal), de que a canle amiga pretendía recuperar os tempos dourados do “malayismo tomateiro”, agora que a liña dura devolveuna ao primeiro posto entre a audiencia. Para maior gloria da estratexia publicitaria de “La Noria”, a presunta implicada decidiu tirar abaixo a emisión programada para as dez menos cuarto.


Para estar en auga, resiste ben a ferruxe

“Excalibur” (TVG, 23.50 h.)

Cultura 10/11/2009
  Envía a túa opinión

Medrar implica necesariamente deixarse abrazar polo cinismo e de cando en vez un pouco de rancor. A vida adulta pasa máis veces das debidas por un axuste de contas coas fantasías infantís. Nin nos enchemos de perdices por sempre xamais, nin descubrimos onde nace o arco da vella e de cote o gps do coche non atopa as migas que deixou caer Pulgarcito para dar co camiño a casa. De aí nacen moitas revisións perversas dos contos infantís, dende as máis simples, como “Cincenta X” ou “Brancaneves e os sete ananiños cachondos”, que fixeron fortuna nos videoclubes porno, ata aquelas con coartada intelectual, caso de obras como “Psicoloxía dos contos de fadas”, que pasa aos irmáns Grimm e tantos outros pola peneira freudiana. De entre as obras do cine que queren facer carne e oso adulto e autoconsciente a fábula, poucas hai como o “Excalibur” de John Boorman.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros