Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Manifestación en defensa do galego do pasado 18 de outubro

O Supremo tamén respalda a promoción do galego

Cultura 17/11/2009
  Envía a túa opinión

O Tribunal Supremo ven de ratificar nunha sentenza a obriga da administración para promover e potenciar a lingua galega. Segundo o máximo órgano xudicial «a circunstancia de coexistir dúas linguas na Comunidade Autónoma non só autoriza, senón que esixe o seu conxunto tratamento e esixencia da (lingua) galega nos niveis de estudos non universitarios». «A discriminación produciríase precisamente no caso de que a Administración autorizase o pretendido polo recorrente», engadiu o Tribunal Supremo.


Poesía e pureza protagonizan a metáfora da amizade de Xoel López e Félix Arias

Cultura 17/11/2009
  Envía a túa opinión

Chang y Eng son no século XXI Xoel López e Félix Arias, ou o que é o mesmo, Lovely Luna. Este dúo de músicos e amigos vén de editar o seu terceiro álbum que leva por nome o dos famosos siameses filipinos, e que serve para simbolizar a unión destes dous artistas nun todo. Un álbum autoeditado que soa máis acústico ca nunca e onde os galegos nos dan boa mostra da súa capacidade como escritores de cancións que se afastan de ornamentos sonoros para sacar o máis esencial das súas composicións. As historias convértense en protagonistas e deixan de ser autobiográficas para falar do que acontece fóra.

 


Milladoiro

Pepe Ferreirós, Milladoiro: “Actuamos en sitios onde se sorprendían de ver gaitas no canto de guitarras flamencas”

Cultura 16/11/2009
  Envía a túa opinión

O grupo de folk Milladoiro cumpre 30 anos de vida e celébrao enriba do escenario. Este venres arrinca a xira Desde Maeloc... na que repasarán os temas máis representativos da súa traxectoria e na que convidarán a ex integrantes da banda. Vigo será a primeira parada deste tour que despois pasarán por por Lugo (o día 30), Ourense (o 19 de decembro) e A Coruña (o 20).


Begoña Caamaño

Begoña Caamaño presenta Circe ou o pracer do azul

Cultura 15/11/2009
  Envía a túa opinión

Editorial Galaxia publica esta novela da xornalista e redactora do Diario Cultural da Radio Galega, Begoña Caamaño. Afóndase na historia de Penélope e Circe, un dos mitos centrais da cultura europea. Penélope é símbolo da fidelidade conxugal, xa que agarda 20 anos polo seu home Odiseo, que está fora e do que se sospeita que morreu. Él mantén unha relacion con Circe, pero nunca se esquence da súa dona.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros