Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Propinas millonarias para o camareiro Cachuli

“Sálvame Deluxe: Julián Muñoz” (Telecinco, 21.45 h.)

Sociedade 06/11/2009
  Envía a túa opinión

Sabendo como é presuntamente o tipo, aínda pretenderán que lle dean propinas. Resulta que logo de converterse na celebridade número un de España, romance folclórico e corrupción urbanística mediante, agora o inefable Julián Muñoz, condenado a tres anos de prisión, decidiu refacer a súa vida reconstruíndoa dende o pasado. Así que, polo que contan, agora traballa de camareiro en Puerto Banús. Aquí habería que dicir ese tópico de que ser camareiro é unha profesión moi honrada, e nunca sería máis certo, sobre todo se a comparamos coa de político desfalcador. Dende que obtivo o terceiro grao penintencial, Muñoz recupera pouco a pouco a súa presenza mediática e disque cobrará 180.000 euros por aparecer esta noite en “Sálvame Deluxe”. Que digo eu que se un asoma polo seu bar, o tipo xa podía convidar a unha tapa de olivas.


A faciana do drama común

“Días de Cine: José Luis López Vázquez” (La 2, 22 h.)

Cultura 05/11/2009
  Envía a túa opinión

Os nenos diso que chaman a Transición temos unha imaxe do arquetipo do home español pre-movida madrileña e transformación pegamoide como a dun señor pequeneiro, enxuto pola fame, pouco desenvolvido de estatura, cronicamente alopécico, vestido en recio e severo branco e negro e sobrepasado pola liberación feminina. Poderiamos falar do miope Rompetechos que debuxou Ibáñez, o pai de Mortadelo, pero tamén da súa tradución en carne e oso, con algo máis de vista, pero moito máis drama interior e que representou como ninguén José Luis López Vázquez, que en paz descanse. A apertura a un mundo de cor e desenfreo producíase mediante un sortilexio que era como o “Ábrete Sésamo” que garantía o acceso a un mundo mellor: a consigna do pequeno meigo era “A por las suecas!”.


In Obama we trust

“59 segundos: Barack Obama” (TVE, 23.15 h.)

Sociedade 04/11/2009
  Envía a túa opinión

Con internet non hai maneira de aburrirse. Aínda non sei moi ben por que, pero onte pola noite estiven lendo o Twitter de Barack Obama. A web de moda é un tablón de anuncios para mensaxes breves no que a xente adoita deixar notas insustancias sobre a súa vida cotiá. O Twitter só resulta interesante baixo dúas circunstancias: o rexoubeo, que fai a moitas celebridades con pouco sentidiño postear privacidades para goce do morbo universal; ou a borracheira, que da mesma maneira axuda a ofrecer revelacións sensacionais. Nin unha nin outra cousa hai no Twitter de Obama, e moito menos hai nel pegada do propio presidente de Estados Unidos, por máis que a web asegure que a autenticidade da conta está verificada. Cheira todo á gabinete de comunicación afanado na construción da imaxe do superheroe do último ano, a quen Televisión Española dedica esta noite.


O Goya e mesmo o Oscar estaban aí e nós sen velos

“El Hormiguero: Luís Tosar” (Cuatro, 21.30 h.)

Cultura 03/11/2009
  Envía a túa opinión

O potencial para a celebridade é algo difícil de detectar. É un conto xa vello que existen cazatalentos contratados por axencias internacionais de modelaxe que camiñan as rúas até que localizan a unha beleza extraordinaria e adolescente e por algún cálculo mental dos niveis de calcio e estimacións do desenvolvemento óseo da rapaza conclúen que será unha futura top-model pola que devecerán homes e mulleres cando a vexan retratada na portada dunha revista. Eu desconfío destas historias porque mira que a min me gusta pasear arriba e abaixo pola rúa e aínda ninguén me parou para ofrecerme a portada do “Vogue” ou do “PlayGirl”, ou –xa non é moito pedir- do “Nuevo Vale”. E con todo é certo que hai xente con ollo para descubrir o talento e a semente da fama. Eu teño unha amiga que descubriu a Luís Tosar moito antes de que comezase a asomar pola televisión, como fai hoxe en “El Hormiguero”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros