Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

“Tiruriru”, o compromiso de Cuarteto Caramuxo coa música tradicional máis pura

Cultura 10/11/2009
  Envía a túa opinión

O son de Cuarteto Caramuxo, como di un dos seus clarinetistas, Fernando Abreu, “nin é un só, nin o definitivo”. Non obstante, de momento soa a folk, aínda que non cunha banda típica, senón con catro clarinetes, un acordeón e a percusión. Esta formación de Salvaterra do Miño vén de sacar disco. Un traballo que leva por título Tiruriru e que se compón de 13 temas instrumentais nos que traballaron os seis integrantes da banda. O resultado é a reinterpretación de melodías tradicionais que os galegos recolleron nos cancioneiros galegos co fin de amosar o seu compromiso coa música tradicional máis pura. Antes de convencerse de que eles podían facer os seus propios arranxos, Cuarteto Caramuxo recorría ás composicións que autores contemporáneos amigos lles facían expresamente para eles. É o caso de Nacho Muñoz, Jesús González, Antón Pulido ou Ernesto Campos, que tamén teñen pegada neste álbum.




Los Coronas actúan esta noite na Sala Nasa

Os madrileños Los Coronas e Layabouts presentan os seus novos discos en Galicia

Cultura 29/10/2009
  Envía a túa opinión

As bandas madrileñas aterran en Galicia esta semana. Os primeiros en facelo son Los Coronas, a banda liderada por Fernando Pardo celebra a súa maioría de idade cun sexto álbum no mercado El baile final..., un traballo para gozar do mellor surf-rock instrumental que esta noite se escoitará na Sala Nasa de Compostela e mañá venres na Fábrica de Chocolate de Vigo. Algo similar acontecerá con Layabouts, este cuarteto procedente da capital do Estado editaba en setembro o seu segundo álbum ... And they ran into the woods, un disco no que trocan o dance da súa ópera prima por máis guitarras e máis rock clásico e garaxe americano dos 70. O resultado escoitarase mañá venres na Mardi Grass da Coruña e o sábado na Iguana de Vigo.





Portada de Polos fillos dos fillos

As novelas da memoria

Sociedade 29/10/2009
  Envía a túa opinión

A través das novelas pódese experimentar a forza da memoria como elemento transformador da sociedade actual, segundo John Thompson, autor do libro As novelas da memoria, publicado por Editorial Galaxia. O escritor indica que a memoria e o trauma emerxen na sociedade e na ficción narrativa como pegadas espectrais.


O foro celebraráse no Consello da Cultura Galega

A comunicación e a cultura no ámbito local

Sociedade 28/10/2009
  Envía a túa opinión

30 profesores universitarios e expertos debaterán no Consello da Cultura Galega sobre a comunicación e a cultura nos ámbitos locais. Nos dias 23, 24 e 25 de novembro aprofundarán nas estratexias para recuperar, conservar e difundir a cultura nos escenarios de proximidade.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros