Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Aqueles si que eran tempos

“Deberías saber de mí: Jesulín de Ubrique” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 02/11/2009
  Envía a túa opinión

Así como na prensa está claro que xornais son de Zapatero, cales de Rajoy e cales de Aznar, tamén teñen as televisións privadas as súas filiacións interesadas e que van máis alá das políticas. Na cruenta loita pola audiencia catódica, Telecinco aposta por Belén Esteban e intoxica axeitadamente con ela canto pode da súa programación para arrastrar adeptos dun espazo a outro. A Antena 3, a única privada que pode ameazar o liderado da canle amiga, non lle queda outra que tomar partido polo hermético ex marido da raíña mediática da España do século XXI, cousa que, malia que grosa, non deixa de ser certa. Coa Esteban multiplicando as súas aparicións, Antena 3 precisaba dunha concesión do seu defendido nesta guerra marital, e así nace para eloxio e defensa do toureiro o programa “Deberías saber de mí: Jesulín de Ubrique, 36 horas en Ambiciones”.


Os defuntos tamén teñen musical

“Pesadilla antes de Navidad” (Cuatro, 01.20 h.)

Sociedade 30/10/2009
  Envía a túa opinión

Un morto camiñando pola rúa non se atopa todos os días. Pasoume a min onte cando volvía a casa dende o traballo, distraído e falando polo teléfono. Levantei a cabeza e vin a un adolescente coa pel branca como o alabastro, os ollos afundidos entre un cerco acibeche, as roupas esgazadas e regos de sangue caéndolle dende a cabeza ata os pes. Pensei que debía asustarme, pero cando me decatei de que o zombi estaba a sacar cartos dun caixeiro de Caixa Galicia, a estampa procuroume unha tranquilidade post-apocalíptica. Acabarase o mundo ou ficaremos como mortos vivintes e non deixaremos de ir reclamar diñeiro ao banco, pensei. Mais como algo estraño había, cavilei sobre o asunto: non estamos no Entroido porque hai meses que non cheiro unha filloa e malia que era xoves noite, que eu saiba no botellón aínda non fan akelarre para invocar seres de ultratumba. Decateime entón de que estamos nas vésperas de Defuntos. Acórdense desta palabra porque dentro duns anos, non moitos, preguntaranse como se lle chamaba ao día de Halloween.


Cumios borracosos en Guadalix

“Gran Hermano” (Telecinco, 21.45 h.)

Sociedade 29/10/2009
  Envía a túa opinión

Mercedes Milá vístese cada día como unha verdura diferente e xa pouco queda para vela disfrazada de nabiza; a casa de Guadalix de la Sierra agora son un par de chalés pareados, unha dobre realidade na que un grupo exerce de cobaia para outro que os espía, ou así era ata hai un tempo porque logo da reunificación, que rite ti do muro de Berlín, resulta que hai máis dependencias; todas as variedades sexuais e mesmo relacións de parentesco coñecidas xa teñen representación; durme cos concursantes unha tribo de Papúa-Nova Guinea que se esmendrella vendo como os participantes fitan de cando en vez para unha desas cámaras que che rouban a alma e a vergoña... E con todo, segue a ser Gran Hermano.


“Cobro máis ca ti”

“Comando Actualidad: ¿Y usted, qué cobra?” (TVE, 22 h.)

Sociedade 28/10/2009
  Envía a túa opinión

En días como este do “Segundo Galacticidio”, no que o millonario equipo do Real Madrid de Florentino Pérez debe aturar o escarnio da prensa militante e decepcionada polo meneo a pés dun conxunto modesto,  os xornais despáchanse cun demagóxico exercicio de odiosas comparacións: Cristiano Ronaldo cobra 12 millóns de euros por temporada e Borja Pérez, dianteiro do Alcorcón, ingresa na nómina tan só 36.000 euros anuais. Como recurso para aliviar frustracións é comprensible, mais pouco consistente: a gloria da estrela de 2ª B será efémera e os cartos do astro portugués seguiranlle rendendo moito máis tempo no banco.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros