Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Prezos do café e outros asuntos de Estado

“Tengo una pregunta para usted” (TVE, 22 h.)

Sociedade 27/10/2009
  Envía a túa opinión

Na estrea de “Tengo una pregunta para usted” gabouse a inédita oportunidade de ampliar os valores da democracia permitindo que os principais líderes do país asomasen pola televisión para ser directamente interpelados polos cidadáns, porén coido que o programa é unha oportunidade da que non se tira todo o proveito posible. Todos sabemos, os entrevistados, os cidadáns demoscopicamente peneirados que lles preguntan, e os que o vemos dende casa, que o plató-hemiciclo é un escenario para o desafogo da voz da rúa, que pretende cantarlle as verdades do barqueiro ao engravatado do día.


Sweet dreams are made of this

“Gente Extraordinaria: Narcolepsia” (Cuatro, 00.45 h.)

Sociedade 26/10/2009
  Envía a túa opinión

Cando se fala de máquinas, un dos argumentos de venda que se ofrecen é o período de vida útil. As cousas son finitas e están sometidas a un período de desgaste, así que mesmo a construción mais robusta acabará por colapsar. De cote dise que o ser humano é a máquina máis perfecta, pero en termos de produtividade habería que concluír que a súa vida útil é pouca: un terzo do noso tempo neste mundo, se respectamos as recomendacións médicas, habémolo pasar durmindo. Outros somos aínda peor negocio porque temos afección ás sabas e incrementamos ese número de horas. Sabemos case todo de nós mesmos, pero aínda non sabemos de onde vimos e a onde imos cando durmimos. Tampouco está moi claro ás veces se se trata dunha necesidade física, mental ou dun mecanismo programado que se dispara só, incluso cando menos contas, como explica a reportaxe sobre a narcolepsia que emite Cuatro.


“Cal foi o neno que te zoscou?”

“Terminator 2” (TVE, 22 h.)

Sociedade 23/10/2009
  Envía a túa opinión

Cando sexa maior e estea no cíber-casino, lendo a prensa nun e-book de décima xeración e botando partidas de dominó en rede co meu amigo Koichi de Neo Tokio, nalgún momento chegará un raparigo e preguntarame: “avó, como eran os anos 90?” E entón eu descargareille na súa memoria rom persoal o disco “Nevermind” de Nirvana xunto coa película “Terminator 2” para que o entenda todo sen que eu teña que abrir a boca. O estertor do século XX chegou dacabalo da Harley conducida por Arnold Schwarzenegger mentres de fondo soaban os Guns’n’Roses tocando o “You could be mine-ayayayay”.


The Alcántara Bunch

“Cuéntame cómo pasó” (TVE, 22 h.)

Sociedade 22/10/2009
  Envía a túa opinión

Calquera que teña un pouco de criterio saberá que eu aquí esbardallo moito, pero que de televisión sei máis ben pouco ou nada. Eu mesmo reflexiono ás veces sobre os méritos contraídos para avaliar as propostas diarias máis alá da miopía contraída por horas diante da pantalla. Así por exemplo, terei que recoñecer con vergoña e non con fachenda que endexamais vin un só capítulo de dous dos seriais míticos da televisión made in Spain. Nada sei de “Médico de Familia” e o mesmo dubidoso logro teño con “Cuéntame”. Aínda non coñecín nin a primeira das vicisitudes dos Alcántara e, tantos e tantos episodios despois dáme preguiza subirme ao carro. Sobre todo cando, dende a distancia advírtense sinais de fatiga.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros