Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Igloo levan “La transición de fase” á Capitol de Compostela e á Karma de Pontevedra

Cultura 20/10/2009
  Envía a túa opinión

Un álbum pensado para tocar en directo. Isto é La transición de fase, o terceiro traballo de Igloo despois de tres anos de seca. Un disco que os galegos están a levar de xira por Galicia e o Estado. Este xoves actúan xunto a Maryland na Capitol de Compostela; mentres que o sábado trasladaranse á sala Karma de Pontevedra para actuar xunto a unha das súas bandas favoritas, White Rose Movement. Un concerto que estará dividido en dúas partes, como o propio disco, e que supón a síntese dos seus dous álbums anteriores, o homónimo Igloo e o EP Una luz de estío glacial. É dicir, neste novo disco podemos diferenciar unha parte máis electrónica e outra máis escura, onde guitarras e batería teñen máis forza ca nunca e onde os galegos seguen a experimentar cos instrumentos e as letras en diferentes planos.



Fran Rei, voceiro de Queremos Galego

Fran Rei: A Xunta debe cumprir coa obriga legal de promocionar o galego

Sociedade 19/10/2009
  Envía a túa opinión

O voceiro da Plataforma Queremos Galego Fran Rei expresa a súa vontade de continuar coa presión social en contra das agresións á lingua galega. A Xunta ten que acatar o marcado no Estatuto de Autonomía e efectuar ese labor, salienta Rei despois da manifestación multitudinaria que onte encheu o casco histórico de Santiago de Compostela.


Nenos e maiores participaron na marcha

100.000 persoas, segundo os convocantes, 50.000 para a Policía Local

Sociedade 18/10/2009
  Envía a túa opinión

100.000 persoas participaron este mediodia na manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego en Santiago de Compostela. Fontes da organización confirmaron esa cifra ao rematar unha protesta que calificaron como histórica. Pola súa banda, a Policía Local santiaguesa calculou en 50.000 os asistentes á marcha.


Unha marea de cidadáns sumouse esta mañá á marcha de Queremos Galego

A mellor defensa, a utilización do galego

Sociedade 18/10/2009
  Envía a túa opinión

Es usted un comemierda, carajo! dicia o avó de Avelino Pousa Antelo ao retornar emigrado de Cuba. Só utilizaba o castelán para insultar. O histórico galeguista invitou a "cantarlle as cuarenta a eses galegos e galegas que renegan do seu idioma, aos que poñen en cuestión a dignidade de ser galegos". Xurxo Souto pediu á xente nova que non pase no tema da lingua e reclamou que os xovenes tomen protagonismo co momento do idioma galego.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros