Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Corpos Danone

“Comando Actualidad: Vamos a más” (TVE, 22 horas)

Sociedade 21/10/2009
  Envía a túa opinión

Será por cousa de aforrar que para os estados e as empresas resulta mellor que todos encaixemos nun modelo estándar. Se homes e mulleres de calquera lugar gardásemos as mesmas medidas e tallas, as firmas de roupa poderían aforrar tela, tempo e diñeiro creando un único modelo de vestimenta, sen variacións no ancho e no largo. De igual modo, se a todos se nos dese pola vida san, a cinta de correr e o aerobic, a Seguridade Social tería menos gasto e de seguro que tamén se aforraba algo de diñeiro en nóminas de médicos. O Estado protéxenos contra o tabaco e o alcol, pero ninguén nos advertiu contra as hipotecas subprimes e o consumismo. Dentro do proceso para encaixarnos no molde, agora decidiuse que non podemos estar gordos. A canle pública colabora na produción en serie de corpos apolíneos coa reportaxe “Vamos a más”, que se emite no programa “Comando Actualidad”.


“Así, con estas mans”

“Made in Galicia” (TVG, 21.30 h.)

Sociedade 20/10/2009
  Envía a túa opinión

Algo de signo destes tempos rápidos e no que todo o queremos para antonte debe de haber na redución paulatina do espazo da artesanía na produción de obxectos. Ás persoas acabounos por parecer ben que fosen as máquinas ás que dobrasen o lombo para facer esforzos, ademais de que coa súa mecánica indiferenza entregan produtos intercambiables, sen un pespunte ou un tallo fóra do sitio que distinga a nosa compra da doutra persoa. A cambio de deixarlle o traballo de crear obxectos aos robots industriais, para a maior parte de nós reservamos traballos que ben, como o que a min me toca, produce resultados efémeros e que non perduran, ou ben, e é polo que devecen a maioría dos opositores, consiste en enlearse nunha cousa abstracta chamada burocracia e cuxa maior produtividade coñecida é a estimulación de dores de cabeza no cidadán común.


Fellini sabía o que había

“Me gustan mayores... muy mayores” (Cuatro, 00.45 h.)

Sociedade 19/10/2009
  Envía a túa opinión

Nun mundo de ficcións controladas tradicionalmente polos homes, e no que unha das fantasías máis celebradas (moito máis que as lendas artúricas ou as crónicas futuristas de Philip K. Dick) é a sedución de adolescentes por parte dun galán crepuscular, o desexo sensual das mulleres de idade avanzada sempre foi ben un tabú, ben un motivo de escarnio. Mais resulta sensato cavilar en que, se a Flavio Briatore e outros sexaxenarios lles dan rubor nas canas as top-models de 20 anos, ás mulleres que chegan á menopausa non se lles debera esgotar o desexo así como así.


Con extraterrestres así, que veñan xa os marcianos!

“Callejeros: Ovni” (Cuatro, 22.30 h.)

Sociedade 16/10/2009
  Envía a túa opinión

O cerebro humano ten a marabillosa facultade de completar as cousas e facelas mellor do que son. Un vai de pesca e captura unha robaliza que mide 10 centímetros, pero na súa cabeza completa o exemplar e cando llo conta aos seus amigos, o peixe xa mide o metro enteiro. O teu equipo de fútbol cae derrotado por un penalti no tempo de desconto e malia que o impacto é claro, na cabeza a perna do teu defensa encolle e a cambadela non existe. A moza que che gusta mira de esguello na túa dirección e, pobre dela, como teña a desgraza de que a túa mirada se cruce coa súa, aquilo xa non foi unha coincidencia, senón un furtivo rapto de paixón que revela que devece por ti. A nosa cabeciña ou cachola, segundo a sensatez da mesma, anda sempre disposta a maquillar o que vemos, e así hai milleiros de descubrimentos de obxectos voantes non identificados. Ante a dúbida de que o brillo que ves no ceo sexa un efecto óptico calquera, sempre viste máis concluír que se trata dun ovni e que a emigración xa non e patrimonio dos galegos, senón un fenómeno estendido pola Vía Láctea.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros