Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Danzade, danzade, malditos

“Buenafuente/En noches como ésta: David Bisbal” (La Sexta/TVE, 00 h.)

Sociedade 15/10/2009
  Envía a túa opinión

“Uns chegaron moi cedo, outros chegaron moi tarde, só nós chegamos xusto no momento no que non había ninguén” é a tradución dunha célebre estrofa de Loquillo que resume marabillosamente o que de azar e intuición ten o éxito. O éxito comercial, e para isto non é preciso concursar con Lluis Bassat en “El Aprendiz”, non pasa necesariamente por ter o mellor dos produtos posibles, senón en ofrecer o máis acaído á demanda no momento máis oportuno.


Alborada do soño americano en Filadelfia

“Rocky” (TVG, 22 h.)

Sociedade 14/10/2009
  Envía a túa opinión

Así como o Duque de Rivas escribira “Don Álvaro o la fuerza del sino”, á cinta fundacional da carreira en Hollywood de Sylvester Stallone acaeríalle ben un título tal que “Rocky ou o triunfo da vontade”, se non fose que esas palabras xa foran collidas por Leni Riefenstahl para un filme documental sobre o ascenso do réxime nazi. Mais a de Balboa é verdadeiramente unha historia de superación (a trompadas, si, mais trompadas de superación) como houbo poucas e así como noutras tantas ocasións nas que un paria reconduce o seu destino, aí canda Oliver Twist está tamén Rocky. Stallone non é Dickens, pero a empatía é un sentimento universal que non discrimina, e para glorificala a Televisión de Galicia recupera esta noite a consagración no cine comercial do puxilato.


O soño da razón produce a apocalipse

“FlashForward” (Cuatro, 22.20 h.)

Sociedade 13/10/2009
  Envía a túa opinión

As persoas somos seres ansiosos, afeccionados ao prognóstico e cunha incapacidade conxénita para vivir o presente sen tratar de prever constantemente a consecuencia dos nosos actos e mesmo de adiviñar todas aquelas cousas sobre as que non temos ningún tipo de control. Temos tal fame de futuro que así enfermamos de crises de ansiedade. As profecías agroman por todas partes, e calquera presume de ser, se non vidente, polo menos si intuínte. Dirá o xefe da oposición “este goberno vainos levar á ruína”; o analista deportivo presumirá “que contra o Barcelona nada hai que facer”; o telespectador amosará a súa arela de que María Auxiliadora e Rodolfo Pascual consagren cun bico de paixón o capítulo 500 da telenovela e así ad infinitum. “Todos somos profetas”, di un dos protagonistas de “FlashForward”, a serie que emite Cuatro e que mediante a ciencia ficción analiza esa neurose colectiva nosa polo porvir.


Maura e a xornalista Ana Blanco comparten perruqueiro

“Versión Española: Carmen Maura” (La 2, 21.50 h.)

Sociedade 09/10/2009
  Envía a túa opinión

Eu fun a unha premiere cinematográfica unha vez. Malia que se trataba dun evento deses con acceso restrinxido baixo estrita invitación, a cousa era máis ben modesta. Non había alfombra vermella de veludo que pisar, o cóctel posterior ofrecía un bo Ribeiro pero nada de Moet Chandon, e nin sequera tiñamos un miserable photo-call deses tan de moda diante do que parar e, xa postos a participar, pintar un pouco a mona e ver se algún fotógrafo despistado caía e, con sorte, era quen de colmar unha arela persoal de sempre: colar unha estampa miña nas páxinas do “¡Hola!”. Non houbo xeito de vivir un intre de glamour: o filme non era moita cousa e o único que recordo ben era a presenza na estrea, alí entre a xente mentres eu devorada canapés do ágape, da protagonista principal, Carmen Maura. A ela dedícaselle un programa especial en “Versión Española” esta noite.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros