Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Nina Hagen mira o micro antes de devoralo

“Buenafuente: Arrabal & Hagen” (La Sexta, 00 h.)

Cultura 08/10/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Buenafuente ponse psicotrónico e consegue a mellor aliñación de convidados que un lembra xamais nun programa de televisión, superando con moito as nóminas de entrevistados que puideran ter El Loco de la Colina, Juan Ramón Lucas ou Pedro Ruiz nos seus programas de conversa pausada. Non cabe agardar reflexión e autoimportancia envolta en fume de tabaco, senón pasmo xeral e a sensación da perpetua inminencia dun desastre se a un lle dá por xuntar no mesmo estudio a Nina Hagen, epígono do punk dos anos 80, e a Fernando Arrabal, a quen moitos consideran escritor, director ou autor teatral, pero a quen cabería definir como o punk en si mesmo.


O amor está no palleiro

“Granjero busca esposa” (Cuatro, 22.15 h.)

Sociedade 07/10/2009
  Envía a túa opinión

Aínda me acorda cando nos presentaron a primeira edición de “Granjero busca esposa” como un encontro imposible entre “Sexo en Nueva York” e “O Agro”. A idea inicial era que un grupo de sofisticadas mulleres urbanitas abandonasen o stress e os luxos da vida na cidade para tentar atopar algo de paz e amor no rural. Co paso dos programas descubrimos que sofisticación non era un cualificativo acaído para nada do que acontecía alí: os mozos eran algo bravos, pero a túzaras tampouco había quen lles gañase a elas. O resultado da confrontación foi unha refrescante achega ao romance televisado, afasto do celofán e o azucre co que adoita representarse na pantalla e, cando menos, con certo pouso aparente de verdade, non como nesa pasarela de modelos, pésimos actores, que interpretan todos os tópicos do melodrama en “Mujeres y hombres y viceversa”.


A alfombra colorada estírase ata Cuatro

“El Hormiguero: Amenábar e Weisz” (Cuatro, 21.30 h.)

Sociedade 05/10/2009
  Envía a túa opinión

“Chámome Ana e vanme matar”. Comezar unha carreira cinematográfica con un plano fixo de Ana Torrent declarando esa frase icónica e atada a unha cadeira para ser asasinada durante a rodaxe dun filme snuff resultaba ao mesmo tempo tan macabro como de bo agoiro para a carreira do pequeneiro director de orixe chilena Alejandro Amenábar. Ten tanto talento para remexer os mesmos demos interiores nos demais que el bota fóra nas súas historias que, durante un tempo, camiñei asustado polos corredores da facultade cando descubrín a un alumno de outro curso bastante semellante a Eduardo Noriega no seu papel de Bosco. Desde aquel exercicio de apariencia amateur que rompeu co tópico de que na España dos 90 só se rodaba cine guerracivilesco, até agora, cando roda superproducións clásicas con estrelas de Hollywood pasaron tres lustros e unha visita a “El Hormiguero”, que terá lugar esta noite.


Con esas mans faiche unha cara nova, e non a trompadas

“El cirujano” (Cuatro, 23.10 h.)

Sociedade 02/10/2009
  Envía a túa opinión

Eu mírome ao espello e non teño queixa. Non direi como a canción que me doe a cara de ser tan guapo, pero diante do meu reflexo entendo perfectamente por que afogou Narciso. Os que me coñezan dirán que ou teño o ego demasiado subido ou aumentáronme as dioptrías da miopía, pero a cousa no meu caso ten máis que ver co conformismo e a idea de que, posto a convivir co que me tocou, mellor aprecialo. Se a faciana é o espello da alma, coido que se me ve boa xentiña con defectos evidentes, claro que moi afastado de Laetitia Casta ou Brad Pitt, que con esas caras tan guapas deben de ser santos en vida. Pola contra a Madre Teresa de Calcuta e Ghandi, en virtude da mesmaa norma pasarían por malvados líderes do terror internacional. Caras haiche moitas, sobre todo das duras, pero o que xa non é tan común é non ter rostro que identificar, e a ese problema ponlle cara esta noite a estrea de Cuatro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros