Envía a túa opinión
Onte tamén houbo fútbol. En terceira o Narón Balompe descansou e perde un posto pola vitoria do Pontevedra B ante o Ordes de Michel Alonso. Pola súa banda o Cerceda venceu ao Meson do Bento do naronés Cata e fáltanlle 3 puntos para ser campión de liga. O Somozas empatou nas Eiroas ante o Bergantiños nun partido no que poido resolver a igualada non derradeiros minutos.
Envía a túa opinión
Narón e Cariño pecharon as edicións dos seus torneos de fútbol base. Cariño arrancou antes, concretamente o xoves santo. Polas instalacións municipais da vila mariñeira pasaron xogadores de categoría infantil, alevin, benxamin, prebenxamin e feminino. Ningún campionato quedou na casa. En feminino o Vitoria levouse a final ante o As Pontes por 1-3. Máis igualdade houbo se cabe nos infantís, que tiveron que recorrer aos penaltys para que o Cedeira pasase por enriba do San Pedro. O As Pontes alevin “vingou” ás súas cativas e alzouse co trofeo da categoría por 2-0. En Benxamins o Amistade de Meirás derrotou ao Praia Cobas de Viveiro por 7-2, mentres que nos máis pequerrechos o Vitoria B impúxose pola mínima ao Praia Cobas por 2-1
Envía a túa opinión
O Estradense deu esta tarde a sorpresa ao vencer por un tanteo de 0 a 2 ao Racing de Ferrol, en partido disputado no estadio municipal da Malata. Dous goles de Julián (nos minutos 24 e no 90) permitironlle aos de Pontevedra levarse os 3 puntos. Luisito deu entrada na segunda metade a Rafa Mella, Heber e Marcos Suárez, intentando lograr unha maior chegada á portería contraria pero non houbo sorte.
Envía a túa opinión
O novo Campo Municipal de Fútbol dos Pinares acollerá un partido amistoso entre un combinado de xogadores de equipos de Fene e o Racing de Ferrol O primeiro equipo de Racing de Ferrol xogará o vindeiro xoves, 28 de abril, un partido amistoso cun combinado de xogadores de equipos de Fene.