Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Gwennyn actuou na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela

Gwennyn: O idioma bretón permíteme procurar emocións internas

Sociedade 08/10/2009
  Envía a túa opinión

Gwennyn declara que o bretón permítelle procurar as emocións internas porque é a súa lingua nai, pero que lle resulta un handicap no mercado francés. Durante a súa estadía en Galicia descubriu que, así como lle aconteceu noutros países célticos, a música en linguas minoritarias é moi ben aceptada no noso país. Ademais, a artista apadriñada por Allen Stivel considera que, en cuestións lingüísticas, Bretaña aínda nos ten cousas que envexar aos galegos.


Joy Division inspira o novo EP de Franc3s e a Nintendo DS ponlle son

Cultura 07/10/2009
  Envía a túa opinión

O título dun tema de Joy Division serviulle a Franc3s para dar nome ao seu novo traballo, o EP La exhibición de atrocidades. “Incendio en una cristalería abandonada”, “Nuestra fe en el veneno”, “¿Cómo haremos para desaparecer?” e “Sedal de uso doméstico” trasládannos ao mundo escuro do trío carballés, aínda que dun xeito menos directo que no álbum anterior. Tamén presentan temas máis inocentes como “Encima de miel” e “¿Cómo tan lejos?”. A sala A Reserva de Carballo vén de acoller a presentación destes seis novos cortes, cunha grande acollida por parte do público. Este mes pechados outros dous concertos na Coruña. En novembro actuarán en Oviedo e en xaneiro en Madrid. Neses directos poderase escoitar o novo instrumento da banda, unha Nintendo DS.




Santiago Auserón canta en galego en “A Coruña Son 09”

Cultura 06/10/2009
  Envía a túa opinión

A Coruña Son. Baixo este nome levamos dúas edicións gozando dos novos autores da canción popular en galego. E todo grazas a un proxecto impulsado polas concellarías de Cultura e Xuventude do Concello herculino. Dez foron os gañadores deste certame que tivo como premio a asistencia a un obradoiro impartido polo ex-compoñente de Radio Futura, Santiago Auserón. Dese taller musical xurdiron as composicións que agora conforman un disco colectivo protagonizado por estes artistas galardoados. Entre os intérpretes atopamos a Magritte (“Alpinista”), Sandrísima (“Tic-Tac”), Sergio Zearreta (“Fincapé”), Fracasados de antemano (“Menezes”), Pulpiño Viascón (“Quérote na praia do Orzán”), Supersound (“Onde estás”), Marisol Manfurada (“Instinto básico”), Maus vizinhos (“Gira caindo”), Ángeles Dorrio (“O cativo”) e La pelvis (“Psicomuiñeira”). A todos eles engándese o “Pouco talento” cantado en galego por Santiago Auserón.

 

 

 


“Memoria del jardín” de Magrinyana

“Testosterona”, “Memoria del Jardín” e “Aviadoras” centran o II Obradoiro do Espectador

Cultura 05/10/2009
  Envía a túa opinión

O Grupo Chévere, compañía residente na Sala Nasa de Compesta e a Rede de Centros Socioculturais da cidade veñen de pór en marcha a segunda edición do Obradoiro do Espectador que se desenvolverá nos meses de outubro, novembro e decembro. Un programa que xa se celebrou no primeiro semestre do ano e que trata de mellorar a calidade dos servizos teatrais ofrecidos en Santiago, achegando ferramentas aos cidadáns para que se familiaricen coas linguaxes escénicas máis actuais. A primeira sesión estará dedicada á obra Testosterona de Chévere. A segunda a Memoria del Jardín da compañía madrileña Magrinyana; e a terceira a Aviadoras da tamén compostelá Duelirium. O obradoiro consiste nun adestramento do espectador, previo a cada obra; da asistencia ao espectáculo; e dun encontro-coloquio cos responsables do mesmo a posteriori.

 

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros