Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Luz Casal, a muller da voz inextricable

“En noches como ésta” (TVE, 00.15 h.)

Sociedade 01/10/2009
  Envía a túa opinión

Unha das voces que máis me gustan é a de Luz Casal. Haberá moitos que estean comigo, mais eu non estou a pensar en cando ela canta, senón na súa voz de uso común, a que emprega para falar. Cada vez que escoito a Luz tento discernir de onde procede cada un dos elementos que a fan expresarse dunha maneira entre durmida, algo macarra, unha pinga peneque, medio galega, medio madrileña e sempre murmurante. A cantante de Boimorto, ou de Vacafalecida, que di o chiste, pasa esta noite polo programa de entrevistas en profundidade de Juan Ramón Lucas, titulado “En noches como ésta”.


Telefilme e crime: non podía ser doutro xeito

“El crimen de los Urquijo” (TVE, 22 h.)

Sociedade 30/09/2009
  Envía a túa opinión

Cando me dixeron que volvían os 80 pensei que iso suporía a perda do sentido do ridículo e non unha revisión de feitos macabros. Agardaba que a televisión se enchera de novo de cores de neon, ombreiras xigantescas nos traxes de chaqueta, reposicións de “O club dos cinco” e discos de grandes éxitos de Spandau Ballet e de Duran Duran antes de que Simon LeBon se entregase ao bótox. Mais non, se os anos 80 volveron á pantalla non foi mediante a exhumación do cadáver de Espinete ou a conexión por ouija con Chanquete, senón por algo máis macabro: o relato das mortes célebres daquela época. Xa contei o meu trauma infantil coa morte de Paquirri e agora chega a quenda doutros egrexios defuntos: os marqueses de Urquijo. Se eu digo crime, vostedes xa deberan saber a estas alturas que o tipo de programa do que lles falo é unha tv-movie.


O Voitre saca a lingua e o que sexa preciso

“Sacalalengua” (TVE, 00.10 h.)

Deportes 29/09/2009
  Envía a túa opinión

Comezando pola propia palabra fútbol, ao igual que gol unha adaptación fonética do orixinal inglés, e que fixo máis fortuna que a súa tradución balompé, que apenas sobrevive no nome do Betis, o chamado deporte rei é un viveiro inesgotable de vocabulario no que cada pouco agroman novas especies. Córner, orsai, friqui, pase en profundidade, pau longo e pau curto, colexiado, trencilla, fino borceguí, mediapunta, mediocentro, carrileiro, cancerbeiro e moitas outras palabras xuntas conforman unha linguaxe con entidade propia só para iniciados e que é obxecto de análise no programa filolóxico de Televisión Español “Sacalalengua”.


Queredes traballo, pero custa e aquí aprenderedes a sufrir

“El Aprendiz” (La Sexta, 22.30 h.)

Sociedade 28/09/2009
  Envía a túa opinión

Contabamos con que chegara e xa está aquí. Asoma pola pantalla o primeiro reality-show que agasalla ao vencedor cun posto de traballo. Isto, en tempos de crise, non é “pataca miúda”, que diría o poeta Caneda. Haberá quen opine que tal cousa xa se fixera con anterioridade e que velaí están os contratos de tantos e tantos ex concursantes de “Gran Hermano” que aparecen de sabichóns en mesas de debate ou de despece dos famosos do momento, mais poderiamos acordar que, antes que traballar, o que fan é vivir do conto.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros