Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

“E ti comes este lixo de cote? Que mal gusto tés”

“21 días viviendo la crisis” (Cuatro, 23.15 h.)

Sociedade 25/09/2009
  Envía a túa opinión

Custou, pero dunha vez por todas Samanta Villar, a reporteira que como Mortadelo escolle o disfrace que máis lle conveña segundo a reportaxe (anoréxica, fumeta, sen teito, etc.), vai poder facer un programa non sucedáneo dunha experiencia vital grave, senón vivido en primeira persoa sen trampa nin cartón. “21 días nos xulgados” poderá relatarnos os pleitos polos que terá que pasar durante o seu periplo como imputada no roubo que tería cometido por exceso de celo na súa mímese reporteira ao roubar uns ferros para gañar o sustento durante a súa vida alternativa de chabolista a tempo parcial para outra peza do seu programa. As probas en cuestión do delito emítense esta noite en Cuatro.


Tom Cruise no medio das Fallas

“Misión: Imposible 2” (Cuatro, 22.15 h.)

Sociedade 24/09/2009
  Envía a túa opinión

“Misión: Imposible 2” non merece ningunha revisión nos catálogos de cine logo do primeiro e distraído visionado con súpercombo de pipocas de millo e refresco de cola e, non obstante, é un filme que en España deixou pegada indeleble e que aínda permanece na lembranza cando xa se desvaneceu da memoria cinematográfica global. O motivo non é o outro que a súa célebre exaltación do tipismo festeiro español, elevada ao absurdo por procedemento de acumulación.


Berry busca onde quedou a súa carreira

“Catwoman / Ghotika” (TVG, 22.15 h.)

Cultura 23/09/2009
  Envía a túa opinión

Hai alguén que non lle quere ben a Halle Berry na Televisión de Galicia. A actriz americana conta xa cunha filmografía ben extensa que e, dalgunha maneira, esta noite a canle pública decidiu renderlle tributo cunha sesión dobre de cine. Estaría ben programar o seu cumio para a crítica, “Monsters ball”; algún momento esquecido dos seus inicios, como a súa fugaz aparición como vítima propiciatoria en “O último boy scout”; ou xa postos, recuperar a súa aparición icónica no filme “Morre outro día”, da saga James Bond, na que emerxendo das augas cun bikini sucinto representaba a unha Ursula Andress do século XXI. Son momentos de gloria na súa carreira e que, de seguro, que no mercado da distribución cinematográfica custan máis cartos que as cintas escollidas pola Galega, demostración de como unha actriz que vén de gañar o Oscar de Hollywood pode estragar a súa carreira en pouco menos de 240 minutos.


A cousa ía acabar mal

“Paquirri” (Telecinco, 22.30 h.)

Sociedade 22/09/2009
  Envía a túa opinión

Da relevancia que teñen as celebridades nas nosas vidas, sabemos verdadeiramente a magnitude cando morren, porque a desaparición de alguén que nos é allea consegue afectarnos aínda que sexa merecendo un pequeno intre de reflexión. Dos meus anos mozos, lembro o impacto emocional das mortes, por exemplo, de Drazen Petrovic e Kurt Cobain, pero se tivese que falar dun falecemento que levo gravado a lume, ese é o de Paquirri.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros