Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Alcalde e familiar enchufado como funcionario: Galicia circa século XXI

“Padre Casares” (TVG, 21.50 h.)

Sociedade 21/09/2009
  Envía a túa opinión

Que é a idiosincrasia? Unha maneira sinxela de resumilo é imaxinar que os mesmos guións de “Padre Casares” rodados en Madrid, Albacete ou Orihuela, desprovistos dos xiros retranqueiros, a iconografía rural e unha particular maneira de ser, estar e falar, darían como resultado unha serie vulgar que non había chegar, como é o caso do serial da TVG, aos 80 capítulos. Nin tetas paradisíacas, nin xente perdida en illas delirantes, nin sequera doutores sobrados de sarcasmo. Non hai quen lle faga competencia ao cura de cidade sometido a unha profunda reconversión na aldea que volve con 30 novos episodios esta noite.


A filosofía Mourinho resumida nunha instantánea

“Zona Champions” (TVG, 20.15 h.)

Deportes 16/09/2009
  Envía a túa opinión

Austeridade e interese público son dúas ideas coas que a televisión encaixa mal. A primeira porque resulta unha quimera e a segunda porque ninguén ten aínda moi claro que significa. Abofé que as televisións nada saben de aforrar: velaí as débedas millonarias das televisións públicas que durante anos conseguiron gastar máis que ninguén para satisfacer a menos que ninguén. Desbotada a austeridade, réstanos o interese público, que adoita definirse polo interese particular de quen teña o poder de decidir en cada ocasión: cando tocou poñelo sobre papel, alguén decidiu que o maior interese público por estes lares era o fútbol e non os debates parlamentarios, e se cadra razón non lle faltaba. Agora vén de comezar a nova programación da TVG, coa súa directora fachendeando de austeridade e servizo público, unha fórmula, supoñemos, destilada no programa “Zona Champions” que bota a andar esta noite.


Como a ollada 'azul aceiro' de Zoolander, pero en asasino

“La Ira” (Telecinco, 22.30 h.)

Sociedade 15/09/2009
  Envía a túa opinión

Xa sei que sempre está aí e ela nunca desaparece, pero así como volven as hombreiras e as cores de neón dos anos 80, e así como este mes toca que os Beatles volvan de novo as listas de éxitos musicais, o caso é que a morte volve estar de moda. As modas son pasaxeiras e mentres Elvis non volva da illa na que comparte Piña Coladas con Walt Disney para demostrar o contrario, a morte é perenne, mais hai épocas e épocas de interese pola morte. Por exemplo, nestes tempos, se atendemos á clasificación dos best-sellers, cotiza á alza, cun inusitado frenesí mundial arredor da novela negra. Outro síntoma está na produción de telefilmes das televisións españolas: agás os consagrados á glorificación da figura do Rei e a transición democrática, que xa houbo algún, o resto recollen cadáveres quentes e interpretan truculentos crimes nos que aínda non secou o sangue. Telecinco emite esta noite a conclusión da triloxía “La Ira”, baseada no asasinato dunha parella de Betanzos.


Unha serie para lamberse de gusto

“True Blood” (Cuatro, 00.30 h.)

Cultura 14/09/2009
  Envía a túa opinión

Que eu lembre, no primeiro capítulo de “True Blood” había sexo e droga, e para que non faltara nada do cóctel canalla, en troques de rock’n’roll, puxeron vampiros. A improbable mestura de elementos nunha sociedade como a branca anglosaxona e protestante do sur estadounidense acaba sendo, contra todo prognóstico, unha das máis cribles lecturas do mito vampírico pasado pola peneira do cinismo posmoderno que pode con todo. Cuatro estrea pasada a medianoite, como non debera ser doutro modo, unha serie que a ratos é de medo, a outros un melodrama romántico e sempre, sempre, unha estaca de mala uva chantada no peito benpensante.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros