Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Gestido é unha das grandes atletas galegas

Gestido e Nimo vencen no Trofeo San Miguel de Oia

Deportes 05/05/2009
  Envía a túa opinión

A Sociedade Atlética Deportiva San Miguel de Oia vén de celebrar a súa tradicional carreira mixta, na que se deron cita algúns dos nosos grandes atletas. Finalmente, non houbo sorpresas, porque unha vez máis María Jesús Gestido e Pedro Nimo foron os grandes triunfadores. Hai quen asegura que o feito de celebrar conxuntamente a carreira de homes e mulleres implica que non se valore na súa xusta medida o que realizan “elas”, e máis se a proba conta coa participación dun Pedro Nimo que é puro espectáculo. Non obstante, María Jesús Gestido fixo unha auténtica demostración de bo atletismo, realizou unha gran carreira, nun circuíto duro, con subidas e sobre todo unha baixada, que obrigaba a constantes cambios de ritmo. Foi claramente superior en liña de meta ás súas rivais.


O salvamento deportivo vai adquirindo visibilidade en Galicia

Catro medallas e un novo récord galego para a selección galega de salvamento deportivo

Deportes 04/05/2009
  Envía a túa opinión

Dúas medallas individuais, dúas de equipos, un récord galego e unha cuarta posición xeral podería ser o resume dos resultados obtidos pola selección galega de salvamento deportivo no V Trofeo Internacional de Cáceres 2016. Os mellores resultados individuais foron para os deportistas Cristina García (SAPO), que acadou a segunda posición e unha nova marca galega despois de facer un tempo de 2:21,45 no 200 obstáculos; e Jorge Vega (UMIA) bronce en 50 rescate. En equipos as rapazas acadaron o terceiro posto, empatadas co Oriol, na proba de 4x50 obstáculos e os rapaces o segundo posto no 4x25 remolque de manequín.


Agrupación Deportiva Vincios

Gondomar acolle os campionatos galegos benxamín e infantil de tenis de mesa

Deportes 30/04/2009
  Envía a túa opinión

O pavillón municipal de Gondomar acolle desde este venres e ata o domingo os campionatos galegos de tenis de mesa das categorías benxamín e infantil. A Agrupación Deportiva Vincios é a encargada de organizar este evento no que os protagonistas serán os deportistas de base. Os encontros comezarán ás nove da mañá e prolongarase ata as nove da noite. Nestes primeiros dous días as competicións estarán protagonizadas polos benxamíns, reservando o domingo exclusivamente á categoría infantil.

 


A natación sincronizada require do funcionamento de todo o corpo

A natación sincronizada, unha formación deportiva do máis completa

Sociedade 29/04/2009
  Envía a túa opinión

Unha das disciplinas deportivas máis espectaculares e máis completas, así podemos considerar a natación sincronizada. Un deporte que consiste en realizar impresionantes exercicios sobre e baixo a auga. En Galicia a súa práctica aínda é minoritaria, pero gaña pouco a pouco adeptos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros