Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

Os tres sindicatos agrarios e a asociación de cooperativas volven mobilizarse conxuntamente

Os produtores lácteos convocan unha tractorada para o 28 de maio

Sociedade 24/04/2009
  Envía a túa opinión

O sector lácteo galego declárase en “mobilización permanente”; é dicir, os seus representantes aseguran que non pensan deterse ata que o Ministerio atenda as súas demandas. Para demostralo, anunciaron dúas novas accións: o día 8 de maio convocarán actos de agradecemento á sociedade polo apoio ás súas reivindicacións e o 28 realizarán unha tractorada. O programa Onda Rural informou sobre esas convocatorias e recolleu os argumentos dos representantes do sindicatos agrarios e cooperativas.


Un milleiro de cabalos danse cita na Feira de Moeche

Sociedade 23/04/2009
  Envía a túa opinión

O concello coruñés de Moeche celebra nesta xornada a Feira do 23 de abril, tamén coñecida como a Feira de Cabalo, considerada a máis antiga da comarca de Ferrolterra. Máis dun milleiro de animais, procedentes de distintos puntos de Galicia e mesmo de fóra das nosas fronteiras, danse cita neste evento de orixes centenarias. O programa Onda Rural centrou a súa atención neste festexo e deixou oco tamén para, no Día Internacional do Libro, relacionar literatura e viticultura.


A sentenza pode afectar a moitas mulleres do rural

Os tribunais recoñecen o dereito dunha gandeira a percibir a dedución fiscal por maternidade

Sociedade 22/04/2009
  Envía a túa opinión

Un paso máis cara á igualdade no rural. Isto é o que significa a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza que vén de fallar a favor dunha gandeira que pedía a equiparación dos seus dereitos fiscais aos das traballadoras doutros ámbitos. A presidenta de Fademur, Rosa Arcos, explicou nos micrófonos de Radiofusión en que consiste exactamente esa decisión xudicial e que pode supor para o resto de mulleres do agro. Este asunto, xunto coas últimas declaracións da Ministra do Medio Rural arredor da crise do sector lácteo, centraron o programa Onda Rural.


O viño sae á rúa baixo a marca Raisin D’or

Unha empresa galega comercializa o primeiro viño sen alcohol do mercado español

Sociedade 21/04/2009
  Envía a túa opinión

Viño e alcohol xa non son termos que vaian necesariamente unidos. Unha empresa galega lanzará ao mercado o primeiro tinto 0,0 do mercado estatal. O programa Onda Rural deu a coñecer este proxecto a través das voz da súa impulsora, Sonia Pérez, e recolleu as primeiras palabras do novo conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros