Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

Marisa López-Teijón

O seme dos galegos continua a ser o de maior calidade de España

Sociedade 07/07/2011
  Envía a túa opinión

O seme dos galegos continua a ser o de maior calidade de España. Un novo estudo ratifica o resultado dun traballo realizado en 2004 polo Instituto Marqués de Fertilidade. Xa daquela, a calidade dos espermatozoides galegos estaba moi por riba da dos cataláns. Agora o mesmo Instituto e o CSIC ratifican aqueles resultados cun informe onde ademais se analiza a relación entre a mala alimentación e as condicións para a reproducción.


Entrega dos premios na pasada edición

Bases do XVIII Premio de Publicidade en Galego 2010

Sociedade 10/05/2011
  Envía a túa opinión

O Consello Asesor de RTVE-G e da CRTVG vén de presentar as bases do XVIII Premio de Publicidade en Galego 2010. O certame abrangue os anuncios en televisión, radio e internet efectuados durante o ano 2010.


A sindicalista recibe este galardón pola súa aportación na visibilización do traballo da muller no rural

Pedrón de Ouro para Lidia Senra

Sociedade 29/04/2011
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Unha figura histórica das reivindicacións dos traballadores do rural galego, foi galardoada nesta xornada cun dos premios de máis prestixio do país. Lidia Senra, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego entre os 1989 e 2007, foi elixida pola Fundación Pedrón de Ouro como o personaxe homenaxeado na edición número 48 deste galardón que distingue ao persoeiro máis destacado na defensa da cultura propia do país. Entre os méritos de Senra, xurado salienta a súa traxectoria "exemplar" como referencia obrigada no movemento agrario europeo e internacional e, especialmente, o seu afán en facer visible o traballo da muller no medio rural.


A nova asociación celebrou a pasada fin de semana a súa asemblea fundacional

Os divulgadores científicos galegos unen as súas forzas

Sociedade 10/04/2011
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Organizar un ciclo de conferencias sobre o tratamento informativo da crise nuclear en Xapón e crear un directorio de comunicadores de ciencia do que poida tirar calquera medio interesado son as dúas primeiras iniciativas que barallan pór en marcha desde a Asociación Galega de Comunicación Científica. Antes, esta nova entidade ten outros dous retos por diante: apostar pola súa presenza na rede e resumir o seu nome noutro “con pegada”, segundo explicou o seu presidente, Manuel Vicente, a Radiofusión.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros