Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Contrato indefinido

“Hospital Central” (Telecinco, 22:30 h.)

Sociedade 16/05/2012
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Meu pai ten un trofeo nun andel do salón. Nada importante, nin que pague a pena levar en caso de necesidade a un monte de piedade, sobre todo porque non é de ouro, senón de metacrilato. Foi un chiste, un agasallo dos seus compañeiros pola xubilación. Consiste nunha copa ao campión en lonxevidade no posto de traballo. Botou máis décadas el facendo o seu oficio das que eu levo vivido. Así que se cadra non hai que tomar á lixeira o agasallo. Ben mirado, merecería unha vitrina de seu, por exemplo, no recentemente estreado Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía na Coruña, apropiadamente rebautizado para esa ocasión como Museo de Ciencia Ficción. Só nesa categoría cabería inscribir unha vida laboral tan extensa que, consonte ao ritmo dos acontecementos, ben podería chegar a duplicar a que eu poida acumular na miña traxectoria. Unha crise económica é o que media entre considerar 40 anos de traballo continuado unha condena ou unha quimera. O novo mercado de traballo, sustentado nunha liña descontinua de contratos precarios temporais, fai que eses rexistros sexan propios, unha vez máis, da ficción. Por iso puidera ser que só o doutor Vilches teña opcións de superar a marca de meu pai.


Mais acontece que el é baiano

“Españoles en el mundo: Río de Janeiro” (La 1, 22:15 h.)

Sociedade 15/05/2012
 19 comentario/s - Envía a túa opinión

Conta a lenda apócrifa do deportivismo que o home do que Mino (antigo defensa central do Espanyol) se lembrará cando xa maior teña que camiñar con caxato por mor do desgaste da cadeira; ese mesmo home que de tan miúdo escorregaba entre as marcaxes e posuía a fórmula xeométrica perfecta memorizada na punta do pé para colocar dende onde fose a pelota, paseniño, no punto mesmo onde as trabes da portería interseccionan co céspede; ese home, digo, veu xogar á Coruña por unha optimista analoxía turística. 


Vivindo peligrosamente

“Docufilia: Vida en el infierno” (La 2, 21 h.)

Sociedade 14/05/2012
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Antónimos de Michael Jackson; morenas ata as palmas da mans; todo bronce agás os dentes de nácar, as marcas do bañador unha liña continua sobre o negro asfalto de pel e os lunares palpitantes como un entrecosto á brasa; bronceador e suor mesturados como un verniz brillante e tanto sol acumulado durante horas de exposición, volta e volta, que conectadas a unha batería poderían alimentar durante semanas unha pequena vivenda unifamiliar á maneira á que o fan as placas solares. Tamén homes sen aerodinámica; as pernas dous fíos; o bandullo un globo que dá sombra ao minúsculo slip; as pastillas da tensión e da próstata anestesiando fronte ao frío como a máis potente das drogas; o atrevemento suicida de quen xa asumiu a proximidade da morte; e, finalmente, primeiro o pé, logo o resto do corpo dentro da auga porque disque é boísimo para a circulación morrer dunha hipotermia bañándose na praia durante o inverno. Tamén mozos e mozas pechados durante horas nun forno crematorio con luces estroboscópicas, tentando dar a mellor imaxe de si mesmos nas peores condicións imaxinables, cuspindo na orella restos de cubalitro mentres berran pedindo o número de móbil porque o último hit de Don Omar tenta rachar a barreira do son a base de forza, prexudicado o oído e, xa que logo, o equilibro e, con todo, determinados tentan manter o baile de espasmos do reggaeton. Todos eles son extremófilos.


Non todo vai ser festa

“Callejeros: Enganchados al sexo” (Cuatro, 23:45 h.)

Sociedade 11/05/2012
 21 comentario/s - Envía a túa opinión

De Michael Fassbender, o novo galán do cine internacional xa o vimos todo. Eu diría que até a mesma caveira, que cando un fita detidamente adivíñaselle prominente nas faccións dun rostro bello, con be, e vello, con uve, como se o Fassbender de 70 anos devecese por manifestarse en canto o actual deixe de usar crema reparadora de L'Oreal, porque el o vale e os seus fans tamén. No entanto, a maioría dos espectadores préstanlle máis atención á pirola do actor alemán que ao seu rexistro de acenos. Paseouna sen pudor en “Shame”, un filme de recente estrea que, alén dos seus méritos artísticos, posúe un impoñente valor didáctico. É para a adicción ao sexo o mesmo que “Trainspotting” para a toxicomanía: pode ser agradable de ver, mais non de experimentar. O coito resulta tan gozoso que hai quen afirma que se puidese viviría tan só para practicalo constantemente. Quen así fala á lixeira non veu “Shame”, pero pode ver esta noite “Callejeros”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros