Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Xose Neira Vilas

Convocan un premio de poesia infantil

Sociedade 20/09/2009
  Envía a túa opinión

A Fundación Xosé Neira Vilas presentará mañá en Santiago a convocatoria do V Premio 'Arume' de poesía escrita para nenos. A obra gañadora do certame será publicada por Edicións do Castro e o seu autor recibirá 1.000 euros. A entidade destacou a importancia de fomentar a creación dunha poesía infantil orientada a ser lida e recitada en galego ante os nenos en idade escolar, de forma que se complementen e reforcen os contidos académicos.


Promotores da plataforma na Praza de Praterias de Santiago de Compostela

Queremos Galego: Que se cumpra a lei co idioma galego

Cultura 18/09/2009
  Envía a túa opinión

Que se cumpra a lei coa lingua galega. Ese é o obxectivo da plataforma Queremos Galego presentada este meiodia en Santiago de Compostela. Convocan unha manifestación para o 18 de outubro e reclaman medidas de protección e de promoción para un idioma en perigo. Queren sumar a todo tipo de entidades nunha maré de defensa da pluralidade lingüística.


As “Vozes Novas” galegas unen forzas na defensa do País

Cultura 17/09/2009
  Envía a túa opinión

O idioma galego non vive o seu mellor momento, pero si a música feita na nosa lingua. Formacións como Bonovo, Banda Potemkin, Ataque Escampe, Proxecto Mourente ou Fanny e Alexander resisten as presións externas e mesmo se animan a colaborar en proxectos que teñen como principal obxectivo difundir a comunicación alternativa e favorecer así a defensa dun espazo de traballo en galego. Este é o caso do CD Vozes Novas, que reúne unha interesante selección co mellor do panorama musical do País, grazas ao traballo conxunto do xornal Novas da Galiza e o portal web Komunikando. En total, 19 bandas con cadanseu tema, 15 deles inéditos.


Marmota Phil en concerto

O PopXiriaPop, o NicraRock, o Meigas Fóra e o Festival da Lingua animan A Coruña esta fin de semana

Cultura 16/09/2009
  Envía a túa opinión

A provincia da Coruña é prolífica en canto a festivais e unha boa mostra témola esta fin de semana. A cervexería Dublín de Carballo celebra o venres e o sábado o seu XII PopXiriaPop tendo como cabezas de cartel aos leoneses Cooper e aos barceloneses Los Negativos. Mentres, en Negreira ultiman todo para o NicraRock que na noite do venres levará ao Parque do Coto a Trasnos do Moscoso, Kaña d´Herbas, Marmota Phil e Banda Potemkin. En Ordes, tamén o venres, toca gozar do VI Festival Meigas Fóra e da música de Dios Ke Te Crew, Zënzar e Kastomä, entre outros. Aos que aínda lle queden folgos a tarde-noite no Campo da Leña en Monte Alto, na cidade herculina, acolle o Festival da Lingua cos directos de A Quenlla, Fracasados de Antemano e tamén Dios Ke Te Crew.

 

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros