Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 27 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Hai outros mundos e están neste

“Afganistán: españoles en la ratonera” (Cuatro, 23.30 h.)

Sociedade 11/09/2009
  Envía a túa opinión

Hai unha certa visión romántica do xornalista que esmorece pola precariedade das empresas que editan os traballos, pola rendición á nota de prensa e aos gabinetes de propaganda, e porque a instantaneidade, valor supremo, case nin deixa tempo para buscar a noticia e moito menos para elaborala con algo de xeito. Hai algún que outro motivo que non se pode desbotar: o aprecio á propia vida. Os xornalistas heroicos que retratan as películas e remexen nos intestinos do poder son homes e mulleres botados para diante, con máis morro que costas, e bastante inconscientes á hora de meterse en leas. Hainos que directamente deixaron a chaveta nalgures e por iso están dispostos a acampar no medio das guerras. Gloria a eses valentes e, xa que logo, algo de audiencia para que o seu esforzo non sexa en balde. Cuatro estrea esta noite a reportaxe: “Afganistán, españoles en la ratonera”.


Benigno, o home do momento

“Larpeiros” (TVG, 22.30 h.)

Sociedade 10/09/2009
  Envía a túa opinión

Se este comentario tivese lugar hai dez anos, non me quedaría máis remedio que falar hoxe de “El Hormiguero”, o programa de Cuatro que, en plena resurrección da beatlemanía, convida a un dos grupos que máis gorxas de adolescentes deixou mancadas por berrar dende a disolución do grupo de Liverpool: os Backstreet Boys. Pero por moito xogo que daría falar dunha boy band que resucita para facer coreografías hip-hop e cantar baladas terribles a mozas de quince anos que agora xa teñen trinta, cómpre facer xustiza e deixar aos autores do éxito “Everybody”, en tempos adaptado ao galego como “Abre o bare!”. Hainos que deixar porque esta noite recunca un dos homes de moda en Galicia, que pouco ten que ver cos Backstreet Boys: é panzudo, xa peitea canas e encántanlle as cantarelas tradicionais.


Curso práctico para poñer mirada de malote

“Especial Sin tetas no hay paraíso” (Telecinco, 22.30 h.)

Sociedade 09/09/2009
  Envía a túa opinión

Dentro da revolución cultural que supuxo na última década o espallamento de internet, hai grandes fenómenos, que merecerán parágrafos nas enciclopedias e outros moito máis modestos que como moito ficarán para a posteridade gravados na carpeta escolar dalgún adolescente. Entre esta última clase eu incluiría a transformación do fenómeno fan. A rede serve, entre outras cousas, para achegar a millóns de persoas espalladas polo mundo e que comparten unha mesma paixón, facendo que non se sintan tan soas e incomprendidas na súa devoción. Este é un motivo máis polo que o reinado da televisión comeza a esmorecer, malia a creación de produtos novos para satisfacción popular como resulta o caso do programa especial que avanza a agardada terceira tempada da serie “Sin tetas no hay paraíso”.


Meu dito, meu feito

“Sacalalengua” (TVE, 00 h.)

Cultura 08/09/2009
  Envía a túa opinión

Se as variedades dialectais dos idiomas tivesen o recoñecemento que merecen, no currículo para as empresas incluiría o coruño, que todos os chachis fillos de Pita chanamos dende que nos abrimos do kel, oístesss. Pero non está a cousa por aquí para andar tocando a gaita cos idiomas propios e se cadra por iso ten que chegar Televisión Española para presentar un programa divulgativo sobre a linguaxe que promete prestar atención a todas as linguas oficiais do Estado. “Sacalalengua” estréase esta noite e preséntase como unha road movie na que os reporteiros pescudarán por todo o territorio español os fenómenos máis extraordinarios arredor da fala. Dende aquí debecemos polo día en que exploren a extraordinaria aparición do bilingüismo harmónico.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros