1 comentario/s - Envía a túa opinión
A Escudería Scratch Fene celebrou o pasado sábado un evento moi especial, tratouse da presentación ante tódolos seus veciños dos equipos que levarán o nome do clube fenés en tódolos campionatos nos que participen. Neste acto, participaron un total de 16 dos máis de 20 equipos cós que conta o clube e a asistencia de público foi moi abultada, recordando o partido da selección española de fútbol sala no Pavillón de A Xunqueira.
2 comentario/s - Envía a túa opinión
A Sociedade Deportiva Barallobre venceu esta tarde ao Rosalía de Vilaboa por un tanteo de 2 a 1. Suma 36 puntos que lle garanten matematicamente a permanencia unha temporada máis na Segunda Autonómica de fútbol. A vindeira e última xornada visitará ao Rápido de Neda, coa tranquilidade de ter feito os deberes.
Envía a túa opinión
O Cultural Maniños presentouse esta tarde en Valdoviño coa lección aprendida. Trouxo de volta os 3 puntos, pero todo segue igual na clasificación da Segunda Autonómica de fútbol. Primeiro o Cariño con 69 puntos, segundo o Narón BP con 67 e terceiro o Maniños con 66. O vindeiro domingo remata a Liga e ainda está no ar o liderato (con dereito ao ascenso directo) e a segunda posición, que permitirá xogar a promoción. Por iso, o Maniños ten morriña da situación a mediados de abril, cando ocupaba o primeiro lugar e dependía de sí mesmo. O 10 de abril, na xornada 31, perdeu en San Sadurniño e cedeu ese privilexio.
Envía a túa opinión
O Zas saiu sen entrega, e só aguantou o tirón na primeira media hora. Sábense xa descendidos e baixaron logo os brazos permitindo o festival de goles do Perlío. Ata en 9 ocasións furaron os dos Pinares a portería do equipo da Costa da Morte. Ao remate Zas 1 - Perlío 9.