Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

A Banda de Balbina renova o repertorio das verbenas galegas

Cultura 08/09/2009
  Envía a túa opinión

Cara o final do período estival todos os anos nos facemos a mesma pregunta ¿Cal foi a canción do verán? Pois ben, en Galicia témolo moi claro porque o certame “A Polo Ghit” encárgase desde hai catro anos de elixir o mellor tema en galego. Neste 2009 tan prezado galardón foi para “O fillo do mar”, canción que nos achega á Banda de Balbina, unha formación de Brión, de pai da Pobra do Caramiñal, Ramón Raíndo; e nai de Valga, Silvia Cerneira. O resultado tradúcese, de momento, en forma de dúas composicións: a anteriormente citada “O fillo do mar” e a canción coa que concorreron ao A Polo Ghit de 2008, “Estomballada”.

 


Cartaz do VII Fenerock

Prepárase o Fenerock máis local en San Valentín

Sociedade 07/09/2009
  Envía a túa opinión

Grupos musicais de Ferrol, Fene e Neda protagonizarán este ano o Fenerock. O festival traerá a música ao paseo marítimo de San Valentín este venres e o sábado. A crise económica obrigou a reducir presuposto, pero programanse actividades complementarias como unha festa do pincho o sábado a mediodia e un torneo de basket 3 x 3. De Cocacoloca aos Trastones e Amadeus son algúns dos grupos que tocarán nesta séptima edición do Fenerock.


María, unha das voces de Faltriqueira

Faltriqueira con temas de Chico Buarque

Cultura 06/09/2009
  Envía a túa opinión

Faltriqueira prepara novo disco, no que incluirán 2 temas de Chico Buarque, secuela da súa viaxe a Brasil no pasado mes de setembro. Seguen na mesma onda coa reinterpretación de ritmos de todo o mundo en clave galega.


Palestina semella ter pasado a un segundo plano na actualidade política internacional

A música brasileira na radio palestina

Sociedade 05/09/2009
  Envía a túa opinión

A radio palestina traennos as últimas novidades na música árabe e a información do conflicto na zona desde a súa estación en Ramala. Radio Ajyal é a primeira en audiéncia na Palestina. Inclue na súa programación, un espazo de música brasileira realizado coa colaboración do Escritorio do Brasil. O programa vai ao ar os sábados ás 22 h. e pode ser ouvido pola Internet na súa páxina.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros