Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

James non leva o anel de pureza dos Jonas por gusto

“Escuela de vírgenes” (Cuatro, 00.30 h.)

Sociedade 07/09/2009
  Envía a túa opinión

James Reilly ten 26 anos e decidiu perder a súa virxinidade. Parece a sinopse dunha nova entrega da saga “American Pie” ou ben un remake das comedias xuvenís dos anos 80 nas que o Tom Cruise pre-cienciólogo paseaba pola casa en calcetíns e camisa mentres bailaba o rock and roll. Pero non falamos de “Risky bussiness” e nin sequera de cine, senón dun documental que fai un achegamento a un dos aspectos que nos lembra que, malia que vestimos roupa máis sofisticada que a folla de parra, e nos chamamos por teléfono móbil en troques de andar a berros e a carne para comer a mercamos empaquetada no súper e non a temos que depredar violentamente, aínda resisten en nós os comportamentos tribais. E entre os ritos de iniciación que cómpre pasar para non aturar a mofa da comunidade está o sexual.


Xose Ramón, sen ti todo é sucedáneo

“Quen toca?” (TVG, 21.45 h.)

Cultura 04/09/2009
  Envía a túa opinión

A caída de audiencia na TVG foi noticia na prensa esta semana. Logo de que a canle autonómica vivise un ano gozoso, dacabalo de “Padre Casares”, “Alalá”, “Larpeiros” e outros programas que encaixaron co modus vivendi do televidente galaico, os seus niveis de seguimento afundíronse pouco antes dos verán. Non tardaron en aparecer as análises de ratings e shares, as relacións directas co cambio de goberno na Xunta e ata a lectura dos pousos do café. Eu que só prendín a tele en agosto para ver a Usain Bolt e a pretempada do meu equipo pouco sabía da trompada da televisión pública, pero toda a crise encaixou con mecanismo de reloxeiro emigrado na Suiza cando lin a programación correspondente a este venres: Ghayoso e o “Luar” marcharon de vacacións.


O “all star” da comedia romántica para pasar unha noite cándida

“Amor con preaviso” (TVG, 22.30 h.)

Sociedade 03/09/2009
  Envía a túa opinión

Dende que algunhas novelas decimonónicas estableceron que o romance pode ser un xogo de intelixencias entre dous que se atraen antes que frechas punzantes que atravesan o corazón de babecos, o caldo de cultivo para a comedia romántica estaba servido. En certo modo, tampouco hai moita distancia entre o xénero negro e o que nos ocupa: sácame o morto de diante e chántame un bico nos morros e, polo demais, todo aseméllase bastante.


Risto, lembra que es mortal

“G-20” (Telecinco, 21.45 h.)

Sociedade 02/09/2009
  Envía a túa opinión

Falemos do memento mori. Contan que ao César e aos heroes militares de Roma tíñanlles que repetir cada pouco, no medio dos desfiles da vitoria, a frase “recorda que es mortal” para que non se pensasen deuses no medio do balbordo da multitude que os adoraba. Cando un se excede na autoestima corre o risco de expor as súas miserias en público. Isto debíao saber mellor que ninguén Risto Mejide, fenómeno televisivo sobranceiro do último lustro e sublimación dunha maneira de facer tele que, de tan perdida como está, converteu o insulto gratuíto na única forma de control fronte a tanto reality e tanta leria. Mejide, publicista, xurado, polemista, provocador e, xa que logo, actor de primeira orde, xa o temos dito aquí, funciona magnificamente á contra mais, desprovisto dos triunfitos como dianas, decidiu que non merece menos que un programa de seu. Chámase “G-20”, estréase esta noite en Telecinco, e a un danlle ganas de aplicarlle o memento mori a quen non quere quitar nunca os lentes de sol.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros