Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 19 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

A lencería de hai un século era máis abrigosa

“Españoles en el mundo” (TVE, 22 h.)

Sociedade 01/09/2009
  Envía a túa opinión

Hai un mes, cando apaguei a televisión por vacacións, non existía a TDT de pago, e non se precisaba mapa e compás para descubrir onde se emitía o partido de fútbol do teu equipo favorito. Pero así suceden as cousas no medio catódico, a maior velocidade da que desenvolve Usain Bolt para cubrir o hectómetro, un momento televisado que, agás que o ser humano chegue a Marte nos catro meses que veñen, será o mellor que a televisión ofrecerá en 2009. Logo ficarán pequenos achados, e entre os que superaron con nota o verán está a serie de reportaxes turístico-confesionais “Españoles en el mundo”, que pasa esta noite Televisión Española.


Berlusconi: 'facile e divertente'

“DEC: Patrizia D’Addario” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 31/07/2009
  Envía a túa opinión

Será certo que a historia é un ciclo que se repite? Pretende José María Aznar, lucindo abdominal, melena e adobíos brasileiros, ser o novo Felipe O Fermoso? Hai nos alardes viriles de Vladimir Putin a arela de ser un zar? Pequeneiro e algo megalómano, Nicolas Sarkozy pensa meter a man por dentro da casaca e facer de Napoleón? Residía no fondo de Bush Junior algo máis que a estampa do vaqueiro do far west, pistoleiro e bébedo de whisky? É Silvio Berlusconi un novo emperador romano, pallaso e enfermo polo espectáculo como Nerón, elevando a próceres da política a azafatas sen máis mérito coñecido que a ilusión antigravitatoria da silicona como Calígula promocionaba ao seu cabalo? Seica é Il Cavaliere, nestes días de tristura e xuízo mediático, algo así como César, a piques de ser asasinado no cumio do seu poder polo Senado? O Bruto desta historia italiana é Patrizia D’Addario que fala esta noite en exclusiva para “¿Dónde estás corazón?”.


A praia levantina ou a urbanización de carne

“Arena Mix” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 30/07/2009
  Envía a túa opinión

Nalgún momento inconcreto, alguén decidiu que os medios de comunicación debían ser as únicas empresas, xunto coas sanitarias, que non tiñan dereito a pechar ningún día do ano. Acabarase o mundo e aínda despois haberá algunha radio ou televisión retransmitindo os mellores momentos do cataclismo para unha audiencia inexistente. Así que como as vacacións catódicas non existen, algún cranio privilexiado en Antena 3 decidiu idear un programa que cubrise tempo de emisión e, ademais, proporcionase acougo estival aos seus reporteiros e chamoulle “Arena Mix”.


Non o tenten sen a supervisión dun adolescente

“Kill Bill vol. 2” (Cuatro, 22.25 h.)

Cultura 29/07/2009
  Envía a túa opinión

Se a única patria é a infancia, que dicía o poeta, o único paraíso verdadeiro é a adolescencia. Son eses anos púberes os do descontrol hormonal, as erupcións purulentas, a rebeldía, os conflitos paterno-filiais e os de loita de clases no instituto, pero tamén son os anos da paixón máis radical: a dos primeiros amores, e a da identificación con determinadas músicas, lecturas e outras proxeccións nas que cremos recoñecermos a nós mesmos e procuramos madurar cara unha idade adulta case sempre menos satisfactoria. Calquera home e muller de ben debera procurar a perpetuación da adolescencia e benaventurados son os que o conseguiron. Entre ser Emilio Botín, próspero e cheo de cartos pero gris, e Quentin Tarantino, con moitos cartos tamén pero con licencia para fuxir do protocolo adulto, hai que querer ser Tarantino, a quen lle dan millóns de dólares para rodar filmes como “Kill Bill 2”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros